domingo, 30 de abril de 2017

¡A lavarse los dientes!

Geis, Patricia (2010),¡A lavarse los dientes!, Barcelona: Combel Editorial, S.A., (+2 años) [14 pp.] (ISBN: 978-84-9825-571-3). 


Breve descrición do formato e contido da obra: conto infantil que podemos clasificar como álbum ilustrado interactivo, xa que te involucra na busca de determinados elementos entre os debuxos, a través de levantar solapas, mover lingüetas e utensilios que forman parte da obra.

Presenta un formato rectangular de pouco volume. As tapas son duras e  de cantos rectos. A cuberta caracterízase por un fondo azulado, sinónimo de limpeza e coidado, tema  sobre o que trata o álbum. A portada mostra a unha nena rubia, cun sorriso exaxerado, que ensina todos os dentes. Ao seu redor aparece un cepillo de dentes e un vaso de auga, utensilios imprescindibles para a hixiene bucal.  A camiseta recolle a editorial e ao seu lado dinos sen abrir o libro, de que tipo de álbum se trata. O título, entre exclamacións en consonancia co fondo, tamén presenta un ton azul, situado na parte superior. Enriba deste atópase o nome da autora.
A contracuberta ten o mesmo fondo azul que na portada. No centro, en forma de mancha de pasta de dentes presenta o título e unha serie de preguntas: “¿Cuántas clases de dientes tenemos?”, “¿Cómo hay que cepillarlos?”, “¿Cuántas veces al día?”…, e anima a  formar parte da aventura de lavalos dentes.


As páxinas mostran a diferentes nenos e nenas, que van seguindo os pasos necesarios para manter a boca sa e limpa.  Anima ao neno a por en práctica este proceso, a medida que cambia de páxina e a descubrir cousas novas, a través das lingüetas e solapas, con forma de elementos característicos da hixiene bucal e do lugar onde realizamos ese proceso. Existe continuidade dunha páxina a outra ao longo da obra.


As ilustracións resaltan polas súas cores entre fondos tamén rechamantes. Algunhas delas presentan formas de lingüeta ou solapa, que sobresaen da páxina e permiten o movemento, onde aparece unha pequena explicación e para resaltar os elementos a utilizar e onde. É moi importante, o feito de que os elementos como o cepillo, hilo dental, poidan ser manipulados polos nenos incidindo nunha maior implicación e autonomía por parte destes, facéndoo partícipe da historia.

Os textos son pequenas explicacións do que é unha carie, dos pasos a seguir e que elementos utilizar na hixiene bucal. Por outra banda, inicia ao neno/a no proceso da lecto-escritura. Os textos atópanse indistintamente tanto nas páxinas pares coma nas impares, en cor negra para resaltar entre as páxinas. Os títulos presentan gran tamaño e podemos ver algunha onomatopea. 
A obra mostra distintos personaxes, nenos e nenas que pretenden simpatizar co lector facendo dun hábito de hixiene, unha actividade lúdica e didáctica para os máis pequenos.
O asunto é coñecer os diferentes pasos para manter a boca sa e limpa, a través de elementos táctiles  e conseguir que o lector, mediante o xogo interiorice de forma positiva estes hábitos.

Podemos dicir que presenta unha estrutura circular, xa que debemos lavar os dentes todos os días e varias veces ó dia, consellos que nós recordan ao final da historia. Tamén é de carácter repetitivo, xa que sempre debemos seguir os mesmos pasos, que unha vez interiorizados recordarán no momento de levar a cabo o proceso.

Potencialidades: é moi importante a interacción de forma activa  entre os nenos co recurso, que axuda a interiorizar de forma lúdica os pasos a seguir para a hixiene bucal. O álbum invita a investigar e favorece a curiosidade dos máis pequenos.
A partir das imaxes moi visuais e dos elementos táctiles, como lingüetas e solapas ,os nenos poden levar a cabo a interacción, lavando os dentes dos nenos que aparecen no álbum. Tamén favorece a autonomía e a atención iniciando aos nenos no proceso de hixiene bucal.
Por outra banda, inicia ao neno no proceso da lecto-escritura, aproveitando o interese que lles suscita, a curiosidade, a través da manipulación dos diferentes elementos que conforman a obra. En idades máis temperás podemos mostrarlle o libro, sinalar os obxectos e nomealos, así como deixar que os manipulen. Nós podemos servir de exemplo procurando que nos vexa ler e motivándoos na lectura. 
Tamén como modelo á hora de levar a cabo o proceso, e na casa, implicalos na compra do seu cepillo e da pasta de dentes.
Podemos xogar cos nenos a facerlle preguntas dos pasos a seguir e que elementos teñen que utilizar. Se algún neno lava xa os dentes na casa preguntarlle como o fai. Poden facer debuxos dos obxectos máis importantes do recurso.
As cores tan rechamantes favorecen a atención dos máis pequenos. Motivándoos a  experimentar coa obra.

1 comentario:

  1. Gustame moito este conto, xa que ten unhas imaxes que chaman moito a atención e fan que resulte moi fácil chamar e manter o interese dos nenos e nenas. Así como permite a súa interación na historia.
    Na etapa infantil é importante traballar a rutina de hixiene, polo que optar pola axuda de contos como este paréceme moi interesante.
    Gran elección.

    ResponderEliminar