Fernández Jacobo (2009), Os Maios, editorial Galaxia [8 pp].(ISBN: 978-84-9865-152-2)
Brebe descrición do formato e contido da obra:
Álbum ilustrado que ao abrilo se converte nunha única páxina e ilustración na que se pode ver os diferentes procesos para a elaboración dun maio, os materiais cos que este se fai e a diferentes nenos xogando e celebrando esta festividade.
Pola parte de atrás conta con uns debuxos acompañados de un texto e os nenos terán que atopar eses elementos na imaxe.
Potencialidades:
Este libro conta conmoitas potencialidades para traballar con nenos de educación infantil.
En primeiro lugar a partir del podemos traballar unha festividade propia dalgúns lugares de Galicia e que consiste na construción dun maio ( estructura de madeira totamente cuberta de follas,flores e outros adornos) e en cantar coplas ao igual que a adquisión de vocabulario novo propio da festividade como pode ser xesta, bugallo,musgo, bandeirolas...
En segundo lugar a partir das ilustracións podemos repasar vocabulario xa aprendido como pode ser a ropupa ( pantalóns, camisetas, vestido..), as cores e os valores de amistade e colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario