APRENDO INGLES (OS ALIMENTOS)
Editorial: SALDAÑA, S.A. Pol. Lintzirin
- Gaina, Parcela B-3 20180 OYARZUN(Guipúzcua), España,Impreso en (Vietnam), (+3
años). [10pp]. ISBN: 978-84-9939-444-2).
Breve descrición do formato e contido da obra: A cuberta é de cartón duro cos bordes redondeados. Na cuberta principal aparece na parte superior o título do conto e na parte inferior, debaixo temos o debuxo do que se vai falar no propio libro. Debaixo disto aparece o nome da editorial.
Non ten portada portada. En canto ao
contido do conto este está composto por grandes imaxes que ocupan dúas láminas,
estas reflexan o que vai ocorrendo en cada folla do libro. As letras son de un
tamaño máis ou menos mediano, e dispóñense sobre as dúas páxinas en ambos
idiomas.
Neste conto explicáselles aos nenos os alimentos en inglés a través das imaxes e coa palabra tanto en castelán como en inglés
Potencialidades:
Paréceme que é un libro moi interesante e importante, xa que a través del considero
que os máis pequenos aprenden outros idiomas e as froitas tanto en castelán
como en inglés.
Tamén respecto as imaxes do texto creo que
están moi ben representadas, xa que ilustra todo cada un dos significados dos
distintos conceptos por o que e podería guiarse o texto soamente cas imaxes
Ningún comentario:
Publicar un comentario