Sopa Verde
Madeira, Ângela
(2013). Sopa Verde, ilust. Till Charlier, col. OQO editora
(ISBN: 978-84-987-473-9). Libro recomendado para nenos e nenas a partir
dos tres anos (3-6). (36 pp).
·
Breve descrición do formato e contido da
obra:
O álbum ilustrado trata sobre un
coello ao que só lle gustaba a comida verde, e aínda que os seus amigos que
vivían preto insistían en que probase outros alimentos el sempre se negaba. Un
día fartos de tanto intentalo, decidiron facerlle unha sopa con todos os alimentos
e botarlle por riba algo verde para que o coello o comese, e así foi. O coello
comeu toda a sopa que os seus amigos lle fixeran sen saber que o que estaba a
comer non era para nada verde. O conto
presenta debuxos grandes e fáciles á hora de recoñecelos, só con mirar as
ilustracións saberíamos perfectamente de que fala o conto.
O conto de Sopa Verde ten un formato
medio cadrado e tanto a súa portada como a súa contraportada son duras.
·
Potencialidades:
Con este libro podemos traballar cos
nenos e nenas o hábito da comida. Gran parte dos cativos prefiren os alimentos
que coñecen a aqueles que nunca probaron. E un dos retos que se presenta nesta
etapa de infantil é que os rapaces coman de forma equilibrada e sa, xa que é
esencial para os seu crecemento tanto físico como intelectual. O protagonista
remata comendo todo o que os seus amigos lle ofreceron e é nese momento cando
os nenos e nenas se dan conta de que o coñecido é bo, pero o que se está por
coñecer pode ser moito mellor.
É
un libro moi ameno, moi repetitivo e doado de ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario