Oliavide, Maruxa (2000), As cinco amigas, ilust. María Fe Quesada, ed. Everest Galicia S.L.,
[48pp.] (ISBN: 9788440303981)
Breve descrición do formato do contido da
obra: Pequeno libro con forma cadrada e páxinas que
presentan a información en vertical. Presenta o texto nas páxinas pares e está
acompañado de ilustracións que se expanden dende a páxina par ata a impar.
Potencialidades. Con este libro, pódense aprender as vocais, as consoantes e como formar
palabras a partir destas. Nun primeiro intre preséntanse as cinco vogais coma
cinco amigas que están unidas. Despois, chegan á vila todas as consonantes.
Xuntas, xogan a formar palabras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario