sábado, 29 de abril de 2017

" XA VOOOOU!"

Xa voooou! (2016) Autoras: Susana Peix e Romina Marti, Editorial: bululú, Maquetación: Alfonso Lara, Colección: Carantoña, Primeira Edición: maio 2016, ISBN: 978-84-942917-9-1.


Breve descrición do formato e contido da obra: este é a historia dun peixe chamado Suit ao que sempre lle mandan facer cousas e el sempre responde: "Xa voooou!", o problema está en que sempre se lle olvida facer o que lle piden. Entonces ao final regalánlle un caderno onde pode anotar todo aquilo que lle manden e así que non se esqueza.

Potencialidades: como características fundamentais deste conto destacaría a importancia de seguir as ordes que nos dán na casa ou mesmo no colexio, de ahí o valor que ten facer os deberes que nos mandan na escola ou mesmo se na nosa casa nos piden axuda e nos lle respondamos. É fundamental que sempre fagamos os deberes e demais tarefas, pois a partir da realización delas dependerá o noso futuro e unha correcta aprendizaxe. Tamén se fala acerca do uso dun caderno ou axenda, aquela onde poidamos anotar o que debemos facer e que así non nos esquezamos de nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario