- Breve descrición do formato e do contido: atopámonos ante unha colección de contos ilustrados protagonizados por animais, nos cales se traballa diversos valores de convivencia e crecemento. O conto é de tamaño medio, de forma rectangular e tanto a portada como a contraportada son tapas duras. As páxinas aínda que non son duras están feitas por unha especie de papel con plástico o que fai que á hora de traballar con el non sexa doado estropealo e os nenos e nenas o poidan manipular. O protagonista deste conto chámase Plácido e é un gorila moi moi bo, pero á par vago, tanto que prefire pensalo dúas ou tres veces antes de facelo ou non. Os seus familiares esfórzanse para que Plácido se mova e non sexa tan vagoneta pero este sempre se sae coa súa. Finalmente Plácido deixa de ser vago por si mesmo xa que algo lle causa interese e remata formando a súa familia, na que posteriormente verá o papel que tivo el de cativo na pel dos seus fillos.
- Potencialidades: aínda que con este conto podemos traballar todas as idades, está recomendado para nenos e nenas de cinco anos en adiante, pois é nesta etapa cando os cativos comezan a ter consciencia do que supón ou non realizar algo. O conto ofrece aos lectores imaxes que falan por sí soas, con él o autor regálanos unha bonita historia de amizade e voluntade, dous aspectos básicos na educación dos máis pequenos. O traballo diario, o esforzo é algo que nos vai acompañar ao longo das nosas vidas, dende que somos pequerrechos e temos que levar a nosa mochila coa nosa merenda, ata de maiores cando queiramos conseguir algo, ou de máis anciáns cando nos coste saír da casa e os nosos netos e netas nos obriguen a pasear con eles, por iso é tan importante traballalo e adquirilo dende ben pequenos. Con cada esforzo chegaranos unha nova recompensa.
Esta é unha ferramenta de carácter educativo ligada á materia de Didáctica da Lingua e Literatura Infantil, da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo). Nela vanse ir recollendo as descricións das lecturas que realizaremos ao longo do cuadrimestre e incidirase sobre todo nas potencialidades das obras seleccionadas, o que pode ser de axuda para outros docentes e mediadores en xeral (bibliotecarios, pais e nais etc.)
sábado, 29 de abril de 2017
El Gorila y el Esfuerzo
Morán, José (2011). El Gorila y el Esfuerzo, ilust. Ulises Wensell. Editorial: Susaeta. Colección: Valores. [28 pp]. ISBN: 978-84-677-1061-8
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario