domingo, 30 de abril de 2017

DUERME


Rodenas, Antonia (2005), Duerme, ilust. Rafael Vivas, Madrid: Grupo Anaya, S.A., col. Mi primera sopa de libros, (de 1 a 5 anos) [16 pp.] (ISBN 978-84-667-4570-3)






Descrición de formato e contido: volume de pequeno formato (16,5 x 16,5cm), de cantos redondeados e páxinas de cartón duro. A estrutura do libro mantense do principio ao fin: por una banda as ilustracións son debuxos sinxelos que se pechan con sutís e finas liñas que resaltan o protagonismo de cada unha das personaxes que asoman con ollos semipechados sobre fondos pavimentados con mosaicos regulares ou escenarios máis sinxelos e quizais máis cálidos que unifican de dous en dous as páxinas. Pola outra banda, o  breve texto é unha serie de sete oracións compostas por unha rima sinxela. Ao igual que as ilustracións, o texto distribúese por cada dúas páxinas (distribúese cada unha das partes da oración en cada unha das páxinas: “Al lobito lo duerme la loba,” nunha páxina, “y lo cubre con su larga cola”, na seguinte. Este texto situase na parte inferior de cada páxina nas primeiras páxinas e na parte superior a partir da metade do libro. Este conto narra de forma poética como os animais protagonistas conseguen durmirse coa axuda doutros  e remata contando como tamén durme a lúa.






                                                                                                       

Potencialidades: Este álbum ilustrado mostra as relacións familiares e entre amigos, fomentando a cooperación e, ao ser os animais as personaxes protagonistas tamén potencia o coñecemento do mundo animal. Como o  tema central é o sono implica a ensinanza  da necesidade vital  de durmir e, ao facer mención á lúa tamén potencia o coñecemento do tempo relacionando a idea de durmir coa noite. O feito de que se narre do forma poética axuda a traballar a linguaxe, o ritmo e a música.


Ningún comentario:

Publicar un comentario