domingo, 30 de abril de 2017

¡A min no me comas!

Margarita del Mazo(2011).¡A min no me comas!, ilust. Vitali Konstantinov, Pontevedra: OQO Editora, (4+), [36pp], (ISBN: 978-84-9871-323-7)

Breve descrición do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado cun formato cadrado (20x20), tamaño pequeno  e sen cantos redondeados. As cubertas son de material duro feito de cartón, diferenciándose das páxinas do libro, que son de papel fino. Por unha banda, na cuberta aparece en cor vermello o debuxo dun neno cun oso de peluche mentras as garras do monstro o intimidan, o título do libro ¡A min no me comas! e por último o nome do autor, ilustrador e editorial, mentras que na contracuberta aparece o debuxo dun neno en cor vermello pero esta vez sen o monstro e o ISBN.
A historia trata sobre un neno chamado Mateo, o cal non quere durmir só porque lle dá medo a escuridade xa que lle pode comer o monstro polo tanto, intenta convencer a todos os menbros da súa familia a que durma con él. Ao principio non lle quere contar a ninguén o que lle pasa pero finalmente cóntallo á súa nai, quen lle trasmite confianza e comprensión e grazas a iso Mateo atrevese a encarar o monstro vermello do que lograra liberarse.
O libro conta con gardas de cor vermello, ten bastante letra e as ilustración estan feitas con cores claras (branco, marfil e crema) sobre papel vermello xa que o ilustrador decidiu utilizar a cor do monstro como fondo para todo o libro. Con esta elección, salienta a súa aposta por crear un álbum de medo, pero, aínda que o vermello se asocia ao perigo, tamén simboliza paixón, enerxía, fortaleza.... ¡E nada disto lle falta a Mateo para lograr vencer o monstro!















Potencialidades:
¡A min no me comas!, é un libro adecuado para traballar os medos cos nenos máis pequenos.
Os temores infantís varían segundo o neno/a e as situacións nas que el vive, aínda que, polo xeral, os medos empezan ao redor do primeiro ano de vida, e preséntanse con maior incidencia entre os 3 e 6 anos de idade que nos ocupa aos mestres/as de Educación Infantil. Segundo algúns investigadores, os medos cambian a medida que o neno vai crecendo. O máis importante é que os docentes e familiares podemos axudar aos nosos alumnos/as a entender que os medos son sentimentos totalmente normais e que poden superarse.
É importante ter en conta que o medo aparece porque hai alguén que o ensina (as peliculas, os contos, as historias dalgunhas persoas...), e desaparecerá cando haxa alguén que o disolva. Por iso é polo que debemos traballar contos como este nas nosas aulas e tamén nos nosos fogares xa que de este xeito os nenos/as entenderán que todos podemos superar os nosos medos afrontandonos a eles como fixo Mateo o protagonista da historia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario