ANIMAIS DE COMPAÑÍA
Editorial: Baía Edicións, 2011 (adaptación sao galego)
Edición orixinal: “Animaux de Compagnie”
(ISBN: 978-84-92630-95-0)
Breve descrición
do formato e contido de obra: Este libro conta con dúas pastas duras de cartón
como cubertas. Na primeira aparece ilustrado un dos animais que se atopou no
interior do libro, o canciño.
Por riba desta
aparece o titulo do libro, e nun dos seus lados aparecen indicadas as dúas
opcións coas que podemos traballar con este conto.
Conta con 8
páxinas de cartón duro, igual que as súas cubertas. A ultima destas e mais
grande que todas as demais xa que leva un pequeno aparato onde os nenos poden apertar
na imaxe de cada un dos animais para reproducir o seu son e coñecelo e poder
imitalo.
En todas as súas
paxinas aparecen fotos de animais, as cales ocupan case a totalidade da folla.
O texto é moi breve, con letra bastante grande, resaltando nun tamaño maior os
sons que reproduce cada un dos animais, para que os nenos e nenas se fixen e o
repitan con máis facilidade. Nunha das dobre páxina indícalle aos nenos e as
nenas que presionen o botón para escoitar o son pertencente a cada un deles,
mentres que na outra folla aparecen os mesmos animais dicindo o que fan.
En unha das fotos
que aparece de cada animal, atopamos un anaco que contén a pel de dita animal,
é dicir, a súa pel de verdade, para que así os nenos e nenas poidan
experimentar diferentes texturas e saiban o tacto que pode ter cada un deles.
Potencialidades: Neste marabilloso libro interactivo, os pequenos espertan os sentidos tocando e escoitando aos animais.
Tamén aprenden os diferentes sons e os nomes de cada un dos animais que aparecen no libro.
Interactúan e aprenden ao mesmo tempo, dunha maneira máis dinámica, xa que a brevidade do conto e o mecanismo que posee, garante diversión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario