Carreiro, Pepe (2009), Os Bolechas queren saber... como vivían no castro do Trega, Promocións Culturais Galegas, col. Edicións A Nosa Terra, (de 3 a 6 anos), [29 pp.] (ISBN: 978-84-8341-370-8).

Breve descrición do formato e contido da obra: volume de pequeno formato e tamaño rectangular, coas páxinas en disposición horizontal. Trátase dun dos libros da colección ``Os Bolechas queren saber...´´, unha especie de pequena enciclopedia dedicada á infancia onde estes divertidos personaxes buscan a resposta de diversos temas. Presenta textos curtos, acompañados de grandes ilustracións a toda cor, onde se explica cómo habitaban os castrexos do Monte Santa Trega, na Guarda; cómo eran as súas casas, ónde estaban situadas, a qué se dedicaban... Todo narrado de modo sinxelo e moi didáctico, pensando nun potencial lectorado de curta idade.
Potencialidades: atopo este libro moi interesante para tratar este tema cos nenos, xa que coas grandes ilustracións nas cales os famosos personaxes dos Bolechas son os protagonistas, é moito máis sinxelo e ameno. Ademais, trátase unha gran cantidade de información sobre a vida dos castrexos, pero dun xeito moi adaptado e ilustrativo; páxina a páxina tócanse diversos temas como as casas, o día a día nos castros, utensilios que utilizaban os castrexos... Opino que este libro é idóneo para utilizar nun traballo en proxecto na aula (sobre os castros, os castrexos, a vida na prehistoria...), para buscar información ou como apoio.