Amosando publicacións coa etiqueta visual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visual. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de marzo de 2017

P de papá

MartinsIsabel (2014). P de papá, ilust. Bernardo Carvalho, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka, col. demademora, [26 pp.] (ISBN: 978-84-8464-690-7). 



Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado, de formato medio e cadrado (22x22). A cuberta e a contracuberta son de cores diferentes ao igual que todo o libro, nelas aparecen as dúas personaxes do conto. Nas gardas aparece o personaxe principal representado de diferentes formas polo que xa nos dan unha pista da súa representación na obra. Ao longo do libro van intercalando moitas cores, xa que cada unha das páxinas son diferentes, cando o fondo é claro os personaxes aparecen nun ton máis escuro e viceversa, para así resaltar aos protagonistas. As ilustracións son grandes e vistosas ao igual que o texto e nelas representase moi ben os sentimentos que están a sentir os personaxes.



A historia conta os diferentes papeis que pode ser un pai na vida do seu fillo. Un pai pode converterse nun avión para xogar, nun abrigo no que resgardarse, nunha escada que o axude a chegarlle a todo o que el queira coller, nun doutor que o cure cando non estea ben e en todo o que se propoña chegar a ser.

Potencialidades: 
É un conto moi sinxelo, de fácil lectura e entendemento. Fala da importancia da relación paterno-filial. 
Esta obra fainos ver que un pai é un gran apoio, co que podemos facer moitas cousas como: falar, xogar e moito máis xa que eles intentan facer todo o posible polos seus fillos e por axudalos en todo o que poidan. Como xa mencionei anteriormente pareceume moi interesante o ben que se representan as emocións no rostro dos personaxes e en moitas das ilustracións como por exemplo na seguinte, na que o pai non se encontra nun momento pracenteiro, xa que se esta a mollar nun charco, pero isto faino polo seu fillo, para que el non se molle e esté feliz.

Quere ensinarnos que co proxenitor podemos vivenciar todo tipo de emocións (tristeza, medo, felicidade...) xa que el sempre vai a facer o que pense que é mellor para o benestar do seu fillo, e para que non perda o sorriso que é de gran importancia ao longo da vida.

Paréceme novedoso no sentido de que na maioría dos contos o proxenitor que máis se representa é a nai, e tamén debemos darnos conta que a figura masculina pode chegar a ser ao igual que a feminina moi importante na vida dos nenos e nenas.