Amosando publicacións coa etiqueta perseverancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta perseverancia. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de abril de 2020

Cornelio



Lionni, Leo (2019). Cornelio. Pontevedra: Faktoría K de Libros, [36 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-452-1).

Descrición do formato e do contido: álbum ilustrado de tapa dura. A cuberta presenta unha imaxe grande do protagonista, un crocodilo de cor verde, que vai andando sobre dúas patas e camiñando en terreo firme. Na contracuberta aparece unha xungla cun monte de fondo e o nome da colección “Tras os montes”. Nas gardas vense unhas follas verdes rematadas en punta sobre un fondo branco. Na portada aparece unha xungla e na parte superior o nome de Cornelio en vermello e enriba o nome do autor.

A temática é a perseveranza, diferenza e aprendizaxe, polo que permite traballar cos nenos e nenas a diversidade e o poder da curiosidade como medio para novas aprendizaxes, así como a importancia do esforzo por logralas e o afán de superación. Cornelio é un crocodilo que naceu coa capacidade de camiñar a dúas patas, polo que podía ver cousas que o resto de crocodilos non podían. Esta habelencia convérteo nun ser moi curioso, que botou a andar e coñeceu a un mono, quen lle ensinou algúns dos seus trucos a Cornelio. O crocodilo cando voltou xunto ao resto de crocodilos ensinoulles o que aprendera, concretamente a colgarse da cola nas árbores. Aparentemente ao resto de crocodilos non lles parecía interesante, aínda que cando decidiu marchar puido observar que o resto de crocodilos estaban tentando poñer en práctica os trucos que lles ensinou Cornelio. O texto está narrado en terceira persoa, estruturado en breves parágrafos e cunha forte dependencia das imaxes a toda cor en cada páxina.

As ilustracións son a dobre páxina. Os personaxes que aparecen son os crocodilos e un mono, así como o hábitat no que viven. A disposición das figuras é sempre de orientación cara á dereita, animando ao lectorado a seguir avanzando nas páxinas da historia para saber que ocorre.

Potencialidades: a lectura deste libro permite traballar cos nenos e nenas os distintos gustos, habelencias e capacidades que temos todos e que iso é respectable. Tamén se incide na importancia de manter a curiosidade, dado que permite aprender cousas novas. Outro aspecto é tamén o valor do esforzo e o afán de superación por conseguir o que nos propoñemos. Por outra parte, tamén é un texto que axuda a entender que a diferenza é fundamental e que cada un de nós ten que ser un mesmo, ademais de que aprender e probar é necesario para experimentar e medrar.

Recursos

Carmen y Rustichello (Room to play) (10 de marzo de 2020). Carmen e Rustichello leggono CORNELIO di Leo Lionni. Obtido do arquivo:https://www.youtube.com/watch?v=sJTgkYQIGS8 (consultado o 21/04/2020).

Cañón, Ruth (agosto, 2013). Recursos y actividades para trabajar la educación intercultural en el aula en Ed. Infantil y Ed. Primaria. ResearchGate.Recuperado de:

domingo, 30 de abril de 2017

LA ARAÑA HACENDOSA


Carle, Eric (2006), La araña hacendosa, ilust. Eric Carle, trad. Esther Rubio Muñoz. Kókinos Editorial. (de 3 a 7 anos) [32 pp.] (ISBN: 978-84-8834-296-6) MADRID



Descrición de formato e contido: A presente obra é un álbum ilustrado de tamaño 21,5  x 29 cm. cunha encadernación de tapa dura. O formato repítese ata o final do conto situando nas páxinas pares o debuxo dos animais e nas páxinas impares a valla de madeira onde a araña tece a súa tea. As ilustracións coloristas están realizadas mediante a técnica do collage. O texto situado na parte superior de cada páxina é moi sinxelo e está construído con estruturas repetidas ritmicamente para dar ao conxunto maior axilidade e permitir aos infantes  anticipar parte do contido de cada dobre páxina. Ademais esta estrutura fai que os/as nenos/as poidan seguir a historia a través das ilustracións polo que se ainda non saben ler ou non len ben, as ilustracións facilitan que, despois de ser lido por unha persoa adulta, os/as nenos/as poidan redescubrir a historia autonomamente.





Este é un conto que transcorre un día nunha granxa á que acaba de chegar unha araña. Adícase a tecer sen parar. Non tiña tempo para cabalgar co cabalo, nin para comer coa vaca, nin para correr coa ovella…Ata que apareceu unha unha mosca... A ela si lle prestou a súa atención… ¡Para atrapala!



Potencialidades: Este conto móstranos a importancia de prestar atención as nosas tarefas, ser perseverantes e realizalas con constancia para chegar ata o final, ainda que teñas que esforzarte moito para logralo. Polo tanto fomenta o desenvolvemento dos valores da constancia, a paciencia, o esforzo e a amizade.Tamén se desenvolven as capacidades de atención e memoria ao poder contar
de novo o conto a través das ilustracións

venres, 28 de abril de 2017

Pingüino

Dumbar, Polly (2008), PINGÜINO. Barcelona:Serres, (0-4 anos). [32 pp.] (ISBN: 978-84-7901-859-7).
Breve descrición do formato e contido da obra: tapa dura
Trátase dun álbum ilustrado, os debuxos e o texto móstranse sobre un fondo branco, utiliza tons de cores suaves e o texto  é o xusto para explicar o que acontece.
Ben abre o seu regalo de aniversario e descubre que é un pingüino. Ben comeza a falarlle pero este non lle contesta. Fai todo o posible para intentar que diga algunha palabra: baila, saca a lingua, faille cóxegas… Finalmente decide traer a un león para que coma ao pinguino e diga algo, pero resulta que a quen come é a Ben. Pingüino decide darlle un picotazo no  nariz ao león e Ben saiu disparado. Ao final Pingüino cóntalle todo a Ben.

Potencialidades.
As ilustracións en todo momento están representado o que acontece, desta maneira non necesitariamos a letra para contar o conto. Destaca por ser sinxelo, onde o lector síntese protagonista xa que se pode identificar co neno. Móstranos esceas de humor, tenrura, frescura e fantasía propias dos máis pequenos. Fálanos da amizade, de como non debemos rendernos ante o primeiro impedimento, seguir intentandoo tantas veces como sexa necesario  e de que con esforzo podemos conseguir o obxetivos que nos plantexemos.

Trata sobre a amizade que se xenera entre os dous protagonistas e como se leva a cabo superando un simple atraco, a comunicación a través da linguaxe.

domingo, 26 de febreiro de 2017

FRANK, la rana que quería volar


Drachman, Eric (2007), Frank, la rana que quería volar, ilus. James Muscarello, trad. Maria Angels Oliva, Barcelona: Malsinet Editor, (de +5años),  (32 pp), (ISBN: 978-84-96708-14-3).



Breve descripción del formato y contenido de la obra: Es un cuento de tamaño mediano, con tapas duras, puntas agudas y 32 páginas. En la cubierta podemos ver el personaje principal: Frank, la rana, en un estanque mirando hacia los pájaros y con deseos de volar, mientras que en la contracubierta aparecen los padres de Frank, quienes le dijeron que volar es cosa de pájaros. Las ranas solo nadan y saltan. Tanto en cubierta como contracubierta los colores que predominan son el verde y el azul, en distintos tonos claros y oscuros. A lo largo del  libro podemos ver grandes imágenes con texto tanto en hojas pares como impares. También hay diálogos entre los personajes y el uso de mayúsculas, negrita y cambio de tamaño en la letra para captar más la atención en ese fragmento.


El libro cuenta la historia de Frank, una rana que tenía muchas ganas de volar. Sus padres le habían dicho que él podía hacer cualquier cosa que se propusiera, por lo tanto se propuso a volar: saltó, corrió, brincó, aleteó y aleteó pero finalmente cayó sobre una hoja del estanque para descansar. Mientras descansaba vio como un bebé pajarito cayó al agua, el saltó para rescatarlo y la madre pájaro para agradecerle su heroicidad le ayudó a volar con la colaboración de otro pájaro y una rama en la cual Frank se subió. Frank volaba muy alto y todos sus amigos desde la orilla lo miraban volar.
 


Potencialidades: A través de este cuento podemos enseñarle a los niños que cualquier cosa que se propongan serán capaces de conseguirla con mucho esfuerzo y paciencia todo se consigue. Se trabajan muchos valores como el respeto, la perseverancia, la fuerza de voluntad, la amistad, la autoestima y con un mensaje muy claro que es la superación personal.

luns, 13 de febreiro de 2017

El camaleón Malcarado

López Domínguez, Xan (2015). El camaleón malcarado, ilust. do autor, Zaragoza: Edelvives, (+3 anos), [34 pp.] (ISBN: 978-84-140-0140-0).


Descrición do formato e o contido: atopámonos ante un álbum ilustrado, cun formato de tamaño medio e case cadrado (22,5x20 cm). Tanto a cuberta como a contracuberta anticípannos o contido da obra cunha continuidade dun bonito atardecer. Concretamente na cuberta aparece o protagonista da obra, un camaleón do máis particular, cheo dunha gran variedade de formas e cores, o que mostra estar deseñado cunha grande imaxinación. No referente á contracuberta, ademais da paisaxe hai un resumo conciso sobre a historia. O interior da obra presenta ilustracións atractivas, moi semellantes á que se nos mostra na cuberta, cunha gran variedade de paisaxes, cores terra moi definidas e textos ubicados en distintas zonas das páxinas, nalgúns casos nas pares e noutras nas impares. Estes textos describen a ilustración, que aparece a toda páxina. Ademais, cara ao final da obra os textos retoman palabras que foron citadas nas primeiras páxinas, configurando unha historia circular e que favorece a memorización.
O protagonista da obra é un camaleón Malcarado, rei da camuflaxe, xa que é capaz de mimetizarse con calquera cousa do seu contorno (follas, ramas, flores, froitos…) e sempre intenta superarse. Non obstante, había unha cousa que se lle resistía: camuflarse co atardecer. Pasado un tempo, o camaleón díxolles aos seus amigos que quería coñecer máis mundo, despedíndose deles cun “No me olvidéis” e desaparecendo para sempre. Aínda así, os seus amigos recordábano sempre que vían limóns, montóns de ramas, follas, flores etc. E cando miraban o solpor, por máis que intentaban buscar algún indicio da súa silueta non eran capaces de descubrilo. Para eles estaba claro: o seu compañeiro alcanzou o seu maior reto.


Potencialidades: É unha obra que, baixo a súa aparente sinxeleza, ten un gran transfondo. Permite que as nenas e nenos comecen a ser conscientes da importancia da perseverancia, das cousas ben feitas e da adaptación ao medio, ademais de que iso sempre será apreciado polas persoas que nos rodean e pode ser motivo de deixarlles un bo recordo. Así mesmo, a súa lectura é recomendable para comezar a apreciar as cores, que ao ser tan vivas constitúen un estímulo que capta rapidamente a súa atención, podendo facer interpretacións subxectivas das imaxes que visualizan e tendo por esta e outras razóns unha grande importancia no seu desenvolvemento. Estas cores son ademais unha invitación dirixida a que nenas e nenos xoguen a encontrar o camaleón. En xeral é unha historia magnífica, chea de simbolismo, pois tamén pode interpretarse como unha introdución cara á existencia da morte, que un ser querido nos deixe, permitindo que os nenos/as poidan ir asimilándoo da mellor forma posible. Este é un tema que resulta imprescindible tratar cos cativos/as –sempre adaptándoo á súa idade– ao ser unha etapa ineludible da vida pola que todos pasaremos e que, a pesar da tristura que provoca, temos que aceptalo e quedar cos bos recordos desas persoas.