Amosando publicacións coa etiqueta aprendizaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aprendizaxe. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de abril de 2020

Cornelio



Lionni, Leo (2019). Cornelio. Pontevedra: Faktoría K de Libros, [36 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-452-1).

Descrición do formato e do contido: álbum ilustrado de tapa dura. A cuberta presenta unha imaxe grande do protagonista, un crocodilo de cor verde, que vai andando sobre dúas patas e camiñando en terreo firme. Na contracuberta aparece unha xungla cun monte de fondo e o nome da colección “Tras os montes”. Nas gardas vense unhas follas verdes rematadas en punta sobre un fondo branco. Na portada aparece unha xungla e na parte superior o nome de Cornelio en vermello e enriba o nome do autor.

A temática é a perseveranza, diferenza e aprendizaxe, polo que permite traballar cos nenos e nenas a diversidade e o poder da curiosidade como medio para novas aprendizaxes, así como a importancia do esforzo por logralas e o afán de superación. Cornelio é un crocodilo que naceu coa capacidade de camiñar a dúas patas, polo que podía ver cousas que o resto de crocodilos non podían. Esta habelencia convérteo nun ser moi curioso, que botou a andar e coñeceu a un mono, quen lle ensinou algúns dos seus trucos a Cornelio. O crocodilo cando voltou xunto ao resto de crocodilos ensinoulles o que aprendera, concretamente a colgarse da cola nas árbores. Aparentemente ao resto de crocodilos non lles parecía interesante, aínda que cando decidiu marchar puido observar que o resto de crocodilos estaban tentando poñer en práctica os trucos que lles ensinou Cornelio. O texto está narrado en terceira persoa, estruturado en breves parágrafos e cunha forte dependencia das imaxes a toda cor en cada páxina.

As ilustracións son a dobre páxina. Os personaxes que aparecen son os crocodilos e un mono, así como o hábitat no que viven. A disposición das figuras é sempre de orientación cara á dereita, animando ao lectorado a seguir avanzando nas páxinas da historia para saber que ocorre.

Potencialidades: a lectura deste libro permite traballar cos nenos e nenas os distintos gustos, habelencias e capacidades que temos todos e que iso é respectable. Tamén se incide na importancia de manter a curiosidade, dado que permite aprender cousas novas. Outro aspecto é tamén o valor do esforzo e o afán de superación por conseguir o que nos propoñemos. Por outra parte, tamén é un texto que axuda a entender que a diferenza é fundamental e que cada un de nós ten que ser un mesmo, ademais de que aprender e probar é necesario para experimentar e medrar.

Recursos

Carmen y Rustichello (Room to play) (10 de marzo de 2020). Carmen e Rustichello leggono CORNELIO di Leo Lionni. Obtido do arquivo:https://www.youtube.com/watch?v=sJTgkYQIGS8 (consultado o 21/04/2020).

Cañón, Ruth (agosto, 2013). Recursos y actividades para trabajar la educación intercultural en el aula en Ed. Infantil y Ed. Primaria. ResearchGate.Recuperado de:

sábado, 29 de abril de 2017

A sopa queima

Albo, Pablo. (2009). A sopa queima, ilust. André Letria, trad. Antón Fortes, Pontevedra: OQO Editora, [30pp.] (ISBN: 978-84-9871-161-5).

Breve descrición do formato e contido da obra:
 
libro de tapa dura, de 24x26cm, con ilustracións que acompañan ao texto. O texto é dialogado en galego. Na cuberta aparece a protagonista do conto co principal problema que se lle presenta “A sopa queima”, o que conforma o título da obra. Na contracuberta móstrasenos a nena unha vez que xa comeu a sopa. Unha vez que abrimos o libro, a portada indícanos unha pequena pista de que sucederá ao longo do relato, e na contraportada, aparece a receita da sopa.

 
María, a protagonista do conto, non podía comer a sopa que súa nai lle fixera, xa que estaba moi quente. A solución que lle da súa nai e que sopre, pero por mais que sopraba, a sopa continuaba quente. Pediu axuda a un rinoceronte, a un morcego, ata que unhas formigas que pasaban por alí lles axudaron e conseguiron que a sopa deixase de queimar. Así, finalmente, a nena comeu a sopa toda.

 
 
Potencialidades: esta historia trata como superar retos forma parte do día a día, e como a través da aprendizaxe, o crecemento e a imaxinación, se lle pode facer fronte aos que parecen insuperables para os máis cativos, aínda que os adultos os vexan como algo nimio. Neste caso, o reto que se mostra insuperable para a nena é a temperatura da sopa.
Ademais, demóstrase que de quen menos se espera, pode axudarnos, da igual o seu tamaño ou a súa forza, xa que os máis pequenos tamén nos poden socorrer.

Queres xogar comigo?

Carle, Eric. (2007). Queres xogar comigo?, ilust. Mesmo autor, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka Editora, [30pp.] (ISBN: 978-84-8464-647-1).


Breve descrición do formato e contido da obra:

libro de tapa dura, de 22x30cm, con ilustracións que complementan o texto. Ademais, segundo vamos lendo, estas ilustracións adiántannos o personaxe que aparecera na seguinte páxina. Trátase dun texto dialogado en galego. Na cuberta aparece un elefante e un ratiño, o principal personaxe da historia, preguntado “Queres xogar comigo?”, o que conforma o argumento e o título da obra. A contracuberta é lisa.




 
A partir do título, podemos saber de que vai tratar a historia. Un ratiño busca a alguén para poder xogar. Desta forma, vai pasando por diversos animais, pero todos lle din que non, ata que finalmente se atopa cunha ratiña que está xogando as agochadas.

Potencialidades: esta obra busca principalmente xogar cos lectores: primeiro, identificando os máis pequenos co ratiño, e logo adiviñando quen será o seguinte animal co que o personaxe principal quere xogar, xa que antes de pasar a páxina observamos unha característica do individuo que vai aparecer: unha cola, plumas... Ademais, axuda o coñecemento dos diversos animais que aparecen ó longo da historia: león, mono, cabalo, serpe...
O texto acompaña as imaxes, seguindo sempre a mesma estrutura. O colorido das ilustracións, a variedade de formas e a expresividade dos personaxes son calidade propias do autor.

É unha historia emocionante, divertida e atractiva dende o punto de vista estético e didáctico.


venres, 28 de abril de 2017

Grazas

Isabel Minhos Martíns(2006). Grazas, ilust. Bernardo Carvalho, trad: Xosé Ballesteros,
Pontevedra: Kalandraka,(+3), [32pp], (978-84-8464-826-0).


Breve descripción do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de Kalandraka, ten un formato cadrado cunha dimensión de 32x32 cm,é de fácil manexo para os máis cativos. As cubertas son de material duro feitas de cartón, diferenciándose das páxinas do libro, que son de papel. Por unha banda, na cuberta aparece  debuxo dun home tumbado na herba dun campo cun neno sentado enriba da súa barriga o cal observa,o nome da autora, ilustrador,editorial e por último en letras brancas e maiúsculas o título do álbum. E na contracuberta, aparece o ISBN e unha frase que di: ¿E a min ninguén me agradece? polo que nos podemos facer unha idea previa de que pode tratar o libro.
O álbum comeza e remata cunhas gardas cas mesmas ilustracións, no cal podemos observar unha estrada polo que vai un autobus é ao redor árbores e edificios en cores pasteis coma se dunha cidade se tratase. A partir de aquí introducímonos nunha historia de 32 páxinas onde nos narran o conto en primeira persoa con frases breves,describen o que o pr aprendeu a traves dos consellos que as persoas que pasarón pola súa vida lle deron (familia, veciños, profesores, amigos) como por exemplo: "O meu pai ensinoume a ter paciencia", "Coa miña veciña dona Rosa aprendín a escoitar"etc, rematando cun grazas por todo o que lle ensinaron. É un fermoso canto a sabiduría popular.
Asimesmo, o libro conta con pouca letra e as ilustracións estan feitas a base de trazos soltos e cores luminosas as cales reflicten esceas hogareñas que trascurren no campo e na cidade, encontros con xente moi diversa coa que se interactúa día a día en espazos moi variados, nos cales nos trasmiten positividade.


  

Pontencialidades:

Grazas, e un mensaxe dirixido a todas aquelas persoas que pasan pola nosa vida e contribuen á nosa educación, axudándonos a forxar o noso xeito de ser e actuar na sociedade: a familia, os amigos, o vecindario e a escola,
Con este libro, os nenos/as coñecerán leccións de vida, ligadas á educacion sentimental e emocional que calquera pode afrontar na súa vida diaria. A partir do xogo dos contrarios, preguntamoslles aos cativos se coñecen algún consello que a súa familia lle derón:¿aprender a ser pacente ou impacente, a madrugar ou vaguaer, a formar parte dun equipo ou ser único, a ser prudente ou ser valente?. Unha vez rematen, explicaremoslles que todas esas palabras son aprendizaxes que sempre están ligados a persoas concretas como unha avoa, un pai, un irmá etc, e por tanto, é importante que aprendan a dar as grazas por todas aquelas palabras que nunca se borrarán da súa memoria xa que van formar parte da súa vida para sempre.
Pareceme un libro moi axeitado para traballar en educación infantil onde podemos fomentar valores tan importantes como dar as grazas, ademáis coñecerán diferentes consellos que os adultos lle dan ao protagonista nos cales podemos traballar os aprendizaxes que obtieveron a partir das diferentes persoas que pasarón pola súa vida fomentando desta maneira un aprendizaxe enrequecedor e significativo.



¡Somos o espello do que os nosos maiores inculcaranos desde a nosa infancia!

sábado, 18 de marzo de 2017

LEJOS, CERCA... ¿DÓNDE ESTÁN?

Jänti, Mariana (2007). Lejos, cerca…¿dónde están?, ilust. Osvaldo P. Amelio-Ortiz. Montevideo: nicanitasantiago, col. Cuentos Cierta Duda, (+ 5 anos) [24 pp.] ISBN: 84-933955-6-0.

Breve descripción do formato e contido da obra: álbum ilustrado narrativo da vida cotiá que, tal e como menciona Mónica Domínguez (2015) no seu traballo Tipos de álbumes ilustrados en galego dende 1998, conta unha historia orixinal dentro da cotidianeidade da vida dos nenos e nenas onde o máis importante é amosar ao lectorado infantil o mundo no que vive coas súas posibilidades, diferentes ambientes e ocasións.
O álbum presenta unha pouca voluminosidade e  forma máis ben rectangular (20x23 cm). A cuberta está formada por unha ilustración que semella estar pintada con témperas. Nela podemos observar o debuxo dun neno enriba dun gran círculo amarelo e rodeado por liñas onduladas de distintas tonalidades de cor violeta e amarelo que continúan na contracuberta. O título da obra, situado na parte inferior, xa nos amosa unha pequena pista do contido que imos tratar na lectura: a palabra “lejos”, ao ser de menor tamaño, parece estar afastada, a palabra “cerca” é máis grande e nos da a sensación de estar preto a nós, e a pregunta “¿dónde están?” fainos pensar de súpeto onde pode estar situada calquera cousa. Finalmente, na contracuberta aparece a colección á que pertence a obra, un breve resumo do que se pretende conseguir coa súa lectura e o resumo doutra obra da mesma colección.
O interior da obra está conformado por ilustracións variadas a toda páxina que nos introducen de cheo na historia. Nelas se empregan diversas técnicas como son pinturas con témperas, debuxos, colaxe de materiais diversos… que semellan os debuxos que fan os nenos e nenas na infancia, con cores moi vivas e diversas, formas desproporcionadas e trazos imprecisos que semellan diferentes texturas, incluso chegando a parecer que podes sentilas ao tocalas. Os textos atópanse situados nalgúns casos nas páxinas pares e noutros nas impares e todos están correlacionados coas ilustracións que se mostran. Hai que dicir que estes textos van máis ben dirixidos a cativos e cativas con unha certa bagaxe na lectoescritura, pois non están adaptados para os máis pequenos/as.
O contido da obra está narrado en primeira persoa. O que fala é un neno chamado Francisco, que vai explicando ónde están situados diferentes lugares con respecto a súa ubicación e a complexidade de localizar lugares que están máis lonxe, o cal lle plantexa moitas dúbidas.

Potencialidades: esta obra ten como principal obxectivo que os nenos e as nenas se inicien na aprendizaxe da localización espacio-temporal do contorno que os rodean. Ensinarlles este aspecto ten especial relevancia no seu desenvolvemento cognitivo e psicomotriz, pois é indispensable para saber quenes son e cal é a súa ubicación no mundo, ademais de para saber da existencia doutros lugares que non se atopan preto deles. Oriéntaos para crear unha representación mental do seu contorno e que así poidan lograr situarse e encontrar obxectos, persoas, lugares… Ademais, todo isto presenta unha gran complexidade para as meniñas e meniños, e iso é algo que tamén reflicte esta obra cando o protagonista amosa unha gran confusión ao intentar entender que poida haber outras cidades a parte da súa, que as cidades están dentro de países e que os países xunto co mar forman a terra. Neste sentido tamén o neno fai unha alusión  ao feito de que os adultos pretenden facer entender estes conceptos aos máis pequenos e pequenas dunha forma moi acelerada, o que tampouco resulta doado na súa aprendizaxe, pois está claro que teñen ir resolvendo incognitas coma estas, pero tamén hai que axudarlles a facelo atendendo ao seu proceso de desenvolvemento e ao seu ritmo de aprendizaxe para procurar non sobrecargalos.
Por todas estas razón é importante que dende a infancia se vaian adquirindo estes coñecementos, pero sempre de forma progresiva, pois é un contido de aprendizaxe básico para a vida e esta obra pode ser un bo recurso para facelo.
Por último, tamén gustaríame dicir que as propias ilustracións constitúen de por sí outra potencialidade, pois poden ser unha boa forma de achegar aos pequerrechos e pequerrechas ao mundo da arte nas súas diferentes representacións a través de diversas técnicas que se comentaron no apartado anterior. É importante destacar isto porque pode fomentar a creatividade e a imaxinación. Tal e como comentan Blanca-Ana, Isabel Soto e Marta Neira  (2011) na publicación O álbum na literatura infantil e xuvenil (2000-2010), “o emprego de álbums  con imaxes de calidade”, como é esta obra, “achega o mundo da arte á infancia e serven para pór ao seu alcance técnicas artísticas moi variadas. Deste xeito, os nenos introdúcense na linguaxe visual e valoran a capacidade narrativa que teñen as imaxes e, posteriormente, poderán desenvolvela nas súas propias expresións”.