Amosando publicacións coa etiqueta esforzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta esforzo. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de abril de 2020

Os tres porquiños

os tres porquiños-xose ballesteros-marco soma-9788484642787

Ballesteros, X. (adapt.) (2016): Os tres porquiños. Ilust: Somà, M. Pontevedra: Kalandraka [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-278-7)

Breve descrición do formato e do contido: álbum ilustrado de tapa dura, cunhas medidas de 22x22 cm. Na cuberta aparece o título da obra, en cor vermella, por debaixo dos nomes dos dous autores. Tamén aparecen os tres porquiños camiñando polo bosque, levando cada un a súa maleta. O primeiro deles, que é o maior, leva na man un mapa para facer de guía; o mediano ségueo detrás; e o último, o pequeno, é o que máis dificultade ten para seguir o camiño. Na contracuberta aparece o lobo, que leva posto un vestido vermello. Está detrás dunha árbore, vixiando con audacia, o que fan os porquiños. No interior, as ilustracións son a dobre páxina, e o escenario principal de toda a obra é o bosque.
É unha obra narrada en terceira persoa, na que tamén hai diálogo, onde tres irmáns porquiños teñen que marchar da casa da súa nai porque xa creceron. Marcharon vivir ao bosque, pero como non se puñan de acordo, fixeron tres casas: o irmán pequeno fíxoa de palla, o mediano de madeira, e o maior de ladrillo. Pero non sabían que nese bosque había un lobo que os quería comer. Este atacou primeiro a casa do irmán pequeno, e dun sopro derruboulla. Entón o porquiño correu a meterse na casa do irmán mediano. O lobo volveu a facer a mesma estratexia e derruboulle a casa de madeira dun sopro. E os dous porquiños correron a refuxiarse na casa do seu irmán maior. Pero cando o lobo quixo derrubar a deste soprando, a casa non se moveu nin un pouquiño, posto que estaba feita de ladrillos. Entón o lobo decidiu entrar pola cheminea, pero o irmán maior decatouse e pediu axuda aos seus irmáns para pór a ferver unha pota con auga quente. O lobo caeu nela e escaldou o cu, polo que marchou correndo e xurando que xamais volvería ir a aquela casa. Os tres irmáns fixeron unha festa para celebralo.
Potencialidades educativas: coa lectura deste álbum ilustrado podemos traballar coas nenas e nenos na etapa de Educación Infantil o papel que xoga a familia nas nosas vidas, e o importante que é manterse unidos para axudarse nos momentos máis difíciles, como cando os irmáns se axudaron os uns aos outros cando foron atacados polo lobo. Por outra parte podemos reflexionar sobre o importante que é a constancia e o tempo no traballo, porque por querer acabar antes, o porquiño pequeno, fixo a casa máis débil. É importante a posta en valor do esforzo e o afán de superación como exemplo para os máis pequenos.
Recursos de interese:
Canción para animar o conto: https://www.youtube.com/watch?v=HpySbgEZ3SQ

domingo, 30 de abril de 2017

LA ARAÑA HACENDOSA


Carle, Eric (2006), La araña hacendosa, ilust. Eric Carle, trad. Esther Rubio Muñoz. Kókinos Editorial. (de 3 a 7 anos) [32 pp.] (ISBN: 978-84-8834-296-6) MADRID



Descrición de formato e contido: A presente obra é un álbum ilustrado de tamaño 21,5  x 29 cm. cunha encadernación de tapa dura. O formato repítese ata o final do conto situando nas páxinas pares o debuxo dos animais e nas páxinas impares a valla de madeira onde a araña tece a súa tea. As ilustracións coloristas están realizadas mediante a técnica do collage. O texto situado na parte superior de cada páxina é moi sinxelo e está construído con estruturas repetidas ritmicamente para dar ao conxunto maior axilidade e permitir aos infantes  anticipar parte do contido de cada dobre páxina. Ademais esta estrutura fai que os/as nenos/as poidan seguir a historia a través das ilustracións polo que se ainda non saben ler ou non len ben, as ilustracións facilitan que, despois de ser lido por unha persoa adulta, os/as nenos/as poidan redescubrir a historia autonomamente.





Este é un conto que transcorre un día nunha granxa á que acaba de chegar unha araña. Adícase a tecer sen parar. Non tiña tempo para cabalgar co cabalo, nin para comer coa vaca, nin para correr coa ovella…Ata que apareceu unha unha mosca... A ela si lle prestou a súa atención… ¡Para atrapala!



Potencialidades: Este conto móstranos a importancia de prestar atención as nosas tarefas, ser perseverantes e realizalas con constancia para chegar ata o final, ainda que teñas que esforzarte moito para logralo. Polo tanto fomenta o desenvolvemento dos valores da constancia, a paciencia, o esforzo e a amizade.Tamén se desenvolven as capacidades de atención e memoria ao poder contar
de novo o conto a través das ilustracións

venres, 28 de abril de 2017

Pingüino

Dumbar, Polly (2008), PINGÜINO. Barcelona:Serres, (0-4 anos). [32 pp.] (ISBN: 978-84-7901-859-7).
Breve descrición do formato e contido da obra: tapa dura
Trátase dun álbum ilustrado, os debuxos e o texto móstranse sobre un fondo branco, utiliza tons de cores suaves e o texto  é o xusto para explicar o que acontece.
Ben abre o seu regalo de aniversario e descubre que é un pingüino. Ben comeza a falarlle pero este non lle contesta. Fai todo o posible para intentar que diga algunha palabra: baila, saca a lingua, faille cóxegas… Finalmente decide traer a un león para que coma ao pinguino e diga algo, pero resulta que a quen come é a Ben. Pingüino decide darlle un picotazo no  nariz ao león e Ben saiu disparado. Ao final Pingüino cóntalle todo a Ben.

Potencialidades.
As ilustracións en todo momento están representado o que acontece, desta maneira non necesitariamos a letra para contar o conto. Destaca por ser sinxelo, onde o lector síntese protagonista xa que se pode identificar co neno. Móstranos esceas de humor, tenrura, frescura e fantasía propias dos máis pequenos. Fálanos da amizade, de como non debemos rendernos ante o primeiro impedimento, seguir intentandoo tantas veces como sexa necesario  e de que con esforzo podemos conseguir o obxetivos que nos plantexemos.

Trata sobre a amizade que se xenera entre os dous protagonistas e como se leva a cabo superando un simple atraco, a comunicación a través da linguaxe.