Amosando publicacións coa etiqueta furadiño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta furadiño. Amosar todas as publicacións

sábado, 4 de marzo de 2017

Sopra neste furadiño...

Sopra neste furadiño...
Cortizas, A. e Lamas, L. (2008). Sopra neste furadiño... Ferrol, España: Embora. [22 pp.] (ISBN: 978-84-95460-92-9).

Breve descrición do formato e contido da obra: Trátase dun libro de tapa dura, cuxa cuberta está representada polo debuxo dunha muller que ten un burato na boca. Como ben di o libro, “o adulto debe contar esta historia ao neno ou nena incitándoo a soprar no furado, xa dende a capa. A cada sopro da crianza van sucedendo distintos acontecementos”. É un álbum ilustrado, xa que as imaxes forman unha parte importante da obra, e sen elas non se entendería a historia. A obra pertence á colección “Fardel dos soños”. As portadas primeira e final son iguais, e mostran un debuxo duns corazóns nas puntas dun cadrado, cun furado no seu centro. A historia conta o proceso que vai a seguir o neno que lea o conto cando, ao soprar en todos os furados, descubra o poder que o seu soprido ocasiona nos distintos animais ou obxectos da natureza e da súa vida cotiá. A cuberta última mostra como a historia vai a rematar cando o sopro do neno desemboca nos abrazos da súa nai. 



Potencialidades: Esta obra é importante para os nenos no sentido de que con ela aprenden vocabulario novo, divírtense e como consecuencia ven a lectura como algo ameno, e activan as súas habilidades creativas. É moi importante cultivar a imaxinación dos nenos e nenas máis cativos, xa que aí reside o seu éxito. Tamén podemos ver esta obra como unha maneira de facer ver aos nenos a importancia de respectar a vida de todo ser vivo.