Amosando publicacións coa etiqueta autoconcepto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autoconcepto. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de maio de 2020

camuñas


Del Mazo, Margarita (2012). Camuñas, ilust. Charlotte Pardi, Pontevedra: OQO. [40 pp.]. (ISBN: 978-84-9871-420-3).

Descrición do formato: álbum ilustrado escrito por Margarita del Mazo e ilustrado por Charlotte Pardi que ten forma rectangular de 25x23 cm. É de tapa dura, (cartoné), resistente e fácil de manipular para nenos e nenas de 4-5 anos en diante. As páxinas teñen un grosor adecuado para que non se rompan facilmente. Pasando á cuberta, podemos ver unha ilustración dun Camuñas tenro e terrorífico, ao mesmo tempo sobre un fondo amarelo que o fai destacar, o que chama a atención dos nenos e nenas. Ademais na cuberta tamén aparece o título do álbum, o nome da autora e da ilustradora e da editorial. A contracuberta presenta un fondo amarelo onde aparecen datos da editorial, do código de barras e o ISBN do libro.

Descrición do contido: o relato conta con sintaxe sinxela co que se pretende un contacto precoz coa lectura, axudado polas ilustracións moi detalladas, nas que o retrato vai gañando protagonismo a medida que avanzamos na lectura. Ofrece varios niveis de lectura, un máis superficial, que sería a historia dun monstro que vai comer unha nena, e a máis profunda, que fai reflexionar sobre o autoengano, a valentía e a astucia. A historia conta cun narrador que introduce o conflito e pecha a historia. En canto á arquitectura textual, este álbum preséntase a dobre páxina e co texto integrado nas ilustracións, pero sempre lexible. É unha lectura moi divertida que nos fai reflexionar a través do humor.

Potencialidades: a lectura deste álbum ilustrado permítenos abordar cuestións como autoconcepto (como nos vemos nós mesmos), a autoestima ou a intelixencia emocional. Tamén permite traballar outras emocións como o medo e así facer conscientes a nenos e nenas de como son as súas emocións primarias.

Recursos:
Del Mazo, M. (2019). Camuñas se adueña de mi canal. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=NjYapQSCqpY (consultado o 12/05/2020).

Ballesteros, T. (2020). Cuento “camuñas”. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=71k8kS1yl4c (consultado o 12/05/2020).


mércores, 13 de maio de 2020

Yo




Waechter, Philip (2018), Yo, trad. Eduardo Martínez, Madrid: Lóguez Ediciones, [64 pp.]. ( ISBN: 978-84-8980-487-6).

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado de Philip Waechter e traducido por Eduardo Martínez. É de cartoné, forma cadrada e lese de forma vertical. As cubertas son de cor amarela moi rechamante e de tapa dura. Na cuberta podemos observar o nome do autor, o título en vermello, o nome da editorial e un debuxo dun oso pardo cruzado de brazos. Na contracuberta atopamos un resumo, o ISBN co seu código de barras e unha imaxe do oso saltando por riba do código de barras. No lombo, o cal é de cor vermella, aparece de novo o título e o nome do autor. As gardas son totalmente de cor vermella. Na portada ademais dos elementos da cuberta aparece tamén a imaxe do oso sentado. As imaxes ocupan toda a páxina e veñen acompañadas por breves frases.
O protagonista desta historia é un oso pardo, o cal vai comentando cales son as súas virtudes e os seus gustos, facendo alusión a canto se quere a si mesmo. Porén, ao final da historia o oso di que ás veces tamén se sente só e pequeno e que para remedialo busca a compañía da xente que o quere.

Potencialidades: A lectura desta obra é adecuada para nenas e nenos a partir dos 2 ou 3 anos. Entre as temáticas que se poden abordar figura a autoestima e o autoconcepto, como se ven eles a si mesmos e as calidades que cren que teñen, xa que esta é a temática central do libro. Ademais tamén se podería traballar aspectos como saber compartir, ser xenerosos/as ou a importancia que ten poder contar co cariño das persoas que temos ao noso redor.

Recursos:

GLM Español Kinder (2020). Lectura Yo de Philip Waechter. Recuperado de: https://youtu.be/p68OwQ4KtfU (consultado o 11/05/2020).

xoves, 9 de abril de 2020

Distinta


Sozapato & B. Valencia (2019). Distinta. Pontevedra: Kalandraka Editora.

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado con texto de Beto Valencia e imaxes de Sozapato. De formato cadrado, de fácil manexo para os/as usuario/as e tapa dura, na cuberta predominan as grandes dimensións dos debuxos como a ilustración da protagonista do conto e destacan as cores vivas. Ademais, tamén aparece o nome do escritor, da ilustradora e da editorial. Na contracuberta atópase o nome da colección á que pertence o conto, o ISBN, o código de barras e páxina web da editorial. No interior, as ilustración presentan un claro contraste entre as que reflicten a sociedade, nas que abundan e sobresaen as cores escuras que transmiten tensión e tristeza, pola contra cando aparece Lúa, a protagonista, as páxinas énchense de alegría. En todas as páxinas prevalecen as imaxes figurativas fronte ao texto. 
 O contido de Distinta xira ao redor da historia de Lúa, unha nena que desfruta e valora cousas pequenas e insignificantes para o resto da sociedade. A positividade, as ganas de vivir e a enerxía dela loitan fronte ás rutinas, a negatividade, o mal humor e as desganas dos adultos. Este conto presenta dúas perspectivas e maneiras de ver a vida a afrontar o día a día. Todo isto fai que Lúa se sinta diferente. A historia é narrada en terceira persoa.

Potencialidades: 
A través deste conto podemos traballar o valor do autoconcepto e tamén da autoestima desde unha perspectiva positiva. Aplicar estes valores na aula axuda aos nenos e nenas a ter máis autonomía, independencia, seguridade ante posibles problemas ou conflitos, coñecer as fortalezas e debilidades dun/ha mesmo/a. Ademais outro aspecto fundamental que se traballa con esta obra é fomentar a visión positiva fronte á vida, aos problemas, ás diferentes situacións, poder ver as cousas dunha maneira global e obxectiva.


Recursos:
Oliver, J. (2019). Distinta’ para disfrutar de nuestras diferencias, en https://papelenblanco.com/distinta-para-disfrutar-de-nuestras-diferencias-78c8e9246076 (consultado o 25 de marzo de 2020). 

Recensión no Blog Apego y literatura en http://apegoyliteratura.es/resena-distinta/

mércores, 8 de abril de 2020

Elmer


McKee, David (1989). Elmer, trad. Salagre Raquel, Barcelona: Beascoa, [34 pp.]. (ISBN: 978-84-488-2328-3).

Descrición do formato e do contido da obra: álbum ilustrado de David McKee. O libro ten una estrutura rectangular, cun tamaño manexábel tanto para adultos coma crianzas. As súas cubertas son de tapa dura e chaman a atención polas súas múltiples tonalidades de cores vivas. Na cuberta atopamos o nome do autor e o título da obra ademais dunha ilustración do protagonista da historia. Por outra parte, na contracuberta atopamos o nome da editorial, o ISBN co seu código de barras e unha páxina web de interese sobre literatura infantil.
Unha vez que nos introducimos no conto atopamos as gardas, cunha tonalidade en cor laranxa sen ningún tipo de ilustración e a continuación destas unha portada na que se presenta ao protagonista a través dunha pequena ilustración xunto co título da obra, o seu autor e a editorial. Cando comeza a historia observamos que as ilustracións se integran a toda páxina, narrando a historia de forma continua. 
O texto, escrito en castelán, vaise integrando en cada unha das imaxes cunha letra de cor negra en minúsculas pero de gran tamaño para facilitar a súa visión e lectura tanto por parte de nenos/as coma adultos. A estrutura da narrativa é lineal. A tipografía é uniforme, agás nunha ocasión na que unha exclamación se converte nunha ilustración do libro resaltándoa con negriña para chamar a atención. O volume ten 34 páxinas e as ilustracións que as acompañan son figurativas, con cores vivas e predominio das cores primarias.
Desde o punto de vista do contido, Elmer, o protagonista da historia, é un elefante de cores que vive nunha comunidade de elefantes de cor gris. A pesar de que se leva ben con todos eles, Elmer séntese diferente e un día decide marchar sen que ninguén se decate. No seu camiño atopa algo que lle resulta interesante e que o fará volver cos seus compañeiros. Cando regresa á manda algo cambiara e os elefantes non se comportaban igual. Que acontecerá? Ante esta situación Elmer decide sorprender aos seus compañeiros cun berro que os fai decatarse de que Elmer regresara. Entre risas todos os elefantes lle lembran a Elmer o divertido que é telo na manda e tras unha choiva que deixaba ao descuberto toda a súa pel de cores deciden conmemorar ese día como o día de Elmer.
Os personaxes da historia son todos animais e na súa maioría elefantes que apenas teñen diálogo ao longo da historia. Os elefantes son descritos por un narrador en terceira persoa como personaxes de cor gris, con diferentes idades e tamaños pero bastante serios e sen grandes diversidades entre eles, a diferenza de Elmer. 

Potencialidades: Elmer é un conto cun forte contido en valores como a autoestima, o autoconcepto, a integración, o respecto e o compañeirismo. A través del podemos traballar dende idades moi temperás (+3) estes conceptos dentro e fóra do aula. O obxectivo principal da lectura é que as crianzas se acepten a si mesmas tal e como son porque a diversidade e diferenza é o que nos fai especiais. Mais aló disto trabállanse tamén temas como a aceptación e respecto por parte dos compañeiros, algo moi importante que se debe transmitir ás crianzas dende as primeiras etapas.

Recursos: ademais do orixinal conto de Elmer, David McKee ten unha colección de libros con diversas temáticas adaptadas a diferentes idades, pero todos xiran ao redor do protagonista de colección, Elmer. Entre estas coleccións atopamos libros en pop-up e incluso contido de tipo non narrativo senón orientado cara ao traballo na casa nas primeiras idades en formato de caderno de traballo. Por outra parte, a antigüidade deste conto permítenos atopar variedade de contido na rede sobre recursos para levar á aula e traballar coas crianzas esta lectura. A maioría de actividades que podemos atopar están orientadas cara as manualidades e representación de Elmer a través de diferentes técnicas, como por exemplo cun mural realizado con diferentes materiais de reciclaxes de forma colectiva, quizais polo público ao que vai dirixido, pero máis aló disto atopamos que este conto é un recurso que moitas escolas empregan nas súas programacións para traballar, como mencionaba nas súas potencialidades, diferentes temáticas dentro do currículo, como as emocións ou o día do libro, dándolle cada docente o enfoque que considera. Tamén é importante destacar que podemos atopar o libro en versión vídeo en Youtube ou materiais e xogos sobre o protagonista. 
A continuación deixo algunhas páxinas de consulta sobre actividades e blogs de docentes.
  Collado, A. (2014). Recursos Para Celebrar El Día Del Libro Desde La Igualdad – Elmer – La Mochila Del Arco Iris. Lamochiladelarcoiris.com. Obtido de  https://www.lamochiladelarcoiris.com/recursos-para-celebrar-el-dia-del-libro-desde-la-igualdad-elmer/ . Visitado 22 marzo 2020.

Huber, S. (2020). Libros De La Colección Elmer, De La Editorial Beascoa. Boolino. Cuentos Infantiles y Juveniles. Boolino.es. Obtido de:  https://www.boolino.es/es/libros/coleccion/elmer/. Visitado 13 marzo 2020.

Pintado Málaga, E. (2014). Cuéntame Un Cuento: Elmer. Aula de Elena. Obtido de http://www.auladeelena.com/2014/12/cuentame-un-cuento-elmer.html. Visitado 22 marzo 2020.

luns, 30 de marzo de 2020

Elmer


Mckee, David (1989). Elmer. Ilust. do autor. Barcelona: Beascoa. [32 pp.]. (ISBN: 978-84-4882-328-3).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado de tapa dura cunhas medidas de 20,5x23,6 cm. Na cuberta aparece o título da obra en maiúsculas e cor negra, xusto debaixo tamén en negro aparece o nome do autor, no centro hai un debuxo do elefante protagonista a cadros de cores, o fondo ten o mesmo estampado que o elefante. Na contracuberta aparecen unicamente os memos cadros de cores que na cuberta. Hai moi pouco texto acompañando as ilustracións do álbum, e nestas o que máis destaca é a importancia que lle dá á cor, xa que presentan unhas cores que contrastan entre elas e son moi rechamantes para captar a atención do público.
Dende o punto de vista do contido o álbum conta a historia de Elmer, un elefante diferente ao resto, porque en lugar de ser gris como os demais el é un elefante multicolor, algo que a el non lle gusta moito. Cansado de ser diferente decide buscar unha solución para ser igual que os demais ata que un día logra ser gris como o resto, pero iso  non dura moito tempor porque ao final volve ser multicolor.

Potencialidades educativas: coa lectura deste albúm pódense traballar varias potencialidades como a autoestima e o autoconcepto, xa que nun principio Elmer pensa que se ríen del polo seu aspecto cando en realidade era pola súa simpatía e gracia, de ahí a importancia de fomentar a autoestima dos nenos/as dende pequenos/as para que así poidan crear un adecuado autoconcepto. Dende pequenos estamos pendentes do que pensarán e dirán os demais sobre nós, con Elmer tamén se pode reflexionar sobre a importancia que se lle da as opinións dos demais e como estas nos poden influir negativamente. Outro aspecto a tratar neste álbum é a integración, xa que aínda que Elmer estaba integrado na súa manada él non se sentía parte do grupo, algo que moi a menudo pode suceder nas aulas de educación infantil cando, por exemplo, chega un novo/a alumno/a.

Recursos de interese:
Canción de Elmer (2011), en https://www.youtube.com/watch?v=TpNx3i0WIBM
Blog Atención Temprana y Estimulación. Neste blog se fala en profundidade acerca da obra http://atenciontempranayestimulacion.com/2015/06/03/descubriendo-a-elmer/
El blog de María del Mar Quírell. Blog onde aparecen varias actividades relacionados con Elmer (2017), en https://marquirell.blogspot.com/2017/05/el-elefante-elmer-actividades.html

sábado, 29 de abril de 2017

El buen lobito

Shireen, Nadia (2016), El buen lobito. Madrid:Editorial Bruño, (+3 anos). [32 pp.] (ISBN: 978-84-2168-965-3).

Breve descrición do formato e contido da obra: Un álbum ilustrado, no texto podemos ver como algunhas palabras están en maiúscula para destacalas das demais. As ilustracións están humorizadas, predominando a cor negra ou gris cando representa ao lobo. Polas expresións da cara dos personaxes pódese ver as emocións que transmiten.
O protagonista é un dos personaxes mais temidos dos contos polos mais pequenos e o que sempre causa maior sensación entre eles: O lobo. Pero nesta ocasión non é un lobo malo e feroz, senón todo o contrario, tenro e simpático que lle encanta escoitar contos da súa avoa cos seus amigos os tres porquiños.
Nesta ocasión, escoitando atentamente un conto, descobre que todos os lobos dos contos  non son coma el,¡son feroces e malvados! El non é como os demais, el é un lobo bo ao que lle gusta preparar riquisímas sobremesas, encántalle comer verdura e portase de marabilla cos seus amigos. Un día atópase cun lobo malo como os que aparecen nas historias e nese momento comeza a aventura: intentou soprar a casa dos seus amigos porquiños, e ouveou a lúa  pero sen conseguir o seu obxetivo.

Potencialidades.
A autoestima e o autoconcepto é o que nos define. En ocasións os demais esperan que actuamos dunha maneira determinada, e aunque non resolvamos a situación como eles queren nos non lle damos importancia, pero outras veces sucede todo o contario, afecta a nos aautoestima e perxudica o noso autoconcepto.
Reafirmar a propia personalidade é un dos obxetivos que se debe traballar desde as aulas. Ser conscientes de como somos e ter personalidade é esencial nesta etapa da vida, por iso debemos aprender que somos único e irrepetibles.
No conto tamén se fai referencia a contos clásicos como “Los tres cerditos” e “Caperucita Roja”. Desta maneira con un só conto estamos traballando varios a vez.