Amosando publicacións coa etiqueta humorístico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta humorístico. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de abril de 2017

Brinca Vai!



Brinca Vai!



Nogueiras, Paco (2014), Brinca Vai!, ilust. David Pintor, vídeo Jóse Miguel Sagüillo, Kalandraka Editorial [56 pp.] (ISBN: 978-84-8464-877-2)


Breve descripción do formato e contido da obra:   É un libro en formato libro-cd-dvd sen recantos redondeados e de tapa dura. Este magnífico libro ilustrado por David Pintor, trata a portada usando a figura de Paco Nogueiras co seu característico sombreiro e as súas gafas. O libro lúcese na presentación e, en concreto, na maquetación divertida e sobria á vez. O contido da obra recolle 12 cancións, no que Paco Nogueiras interpreta cancións basadas en temas da natureza, os xogos tradicionais, o as festas dende o entroido ao Nadal, pasando polo Samaín ou o magosto. Un libro para ler, ver e escoitar, con distintos estilos musicais: techno, rock, folk e reggae, cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico.
O traballo complétase cun DVD de Sr. Sagüillo, que conecta directamente coa última parte do libro na que se lles explica aos nenos e nenas como facer o seu propio video-clip incluso usando as bases que veñen ao final do CD sen voz para facer karaoke- DVD no que Paco enche coa súa simpatía todos os vídeos e que ademais teñen unhas animacións e unha produción moi ben feitas.




Potencialidades: É un proxecto moi ben traballado cunha pedagoxía estructurada de maneira moi creativa. Encantame a maneira coa que os nenos poden disfrutar de manera disfrutar dos ritmos, as verbas, a expresión, o simbolismo, e sobre todo a cultura educativa que desprende con cada canción. Destaca o traballo e o esforzó por crear recursos educativos tan ben coidados e cheos de tanta tradición e vida galega. A proposta de Paco Nogueiras e moi divertida xa que as cancións sirven para traballar diferentes festividades con diferentes estilos musicais.
A liberdade creativa é a principal característica das composicións, escritas e interpretadas por Paco Nogueiras cun amplo abano de estilos e contrastes, dende o techno e o rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, con influencias tradicionais. En “Brinca Vai!” abórdanse temas incluídos no currículo escolar, as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, así desta maneira os nenos poderán potencialos. Seguindo o espírito lúdico e humorístico das composicións, as ilustracións de David Pintor destacan tamén polo seu ton trouleiro, caricaturesco e transgresor da realidade, con imaxes de moito colorido, expresividade e dinamismo nas que aparece representado un alter-ego do intérprete ataviado co seu característico chapeu azul.
Os vídeos elaborados por Sr. Sagüillo complementan o carácter audiovisual deste traballo, co propósito de achegar ao eido educativo un material útil para a formación do alumnado. É unha proposta de lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión, que non remata coa publicación da obra, senón que busca a interacción e deixa aberta a porta á implicación do público escolar e familiar.