Amosando publicacións coa etiqueta bosque. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bosque. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de abril de 2017

UNHA FESTA NO BOSQUE



López Martínez, Cruz ,(2000), Unha festa no bosque , Ilust. Nayasha S. Rosenberg, Cool. Libromóbil, Vigo: Edicións de Cumio S.A. [12 pp.] (ISBM:978-84-8289-080-7).

Breve descrición do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado interactivo de formato rectangular que mide 25cm. x 18´5cm. Está encadernado en cartoné coas tapas duras, mentres que as páxinas son de cartón máis brando.

Na cuberta aparece o título en letras amarelas na parte superior e unha ilustracións de todos os animais que asisten ao aniversario do protagonista, mentres que na contracuberta atópase nun fondo de cor verde unha ilustración do libro, títulos publicados pola editorial, o título do libro xunto ca editorial e o ISBN.

As ilustracións están representadas por diferentes animais, como é o caso das ras, o teixugo, os ratos, a gaivota, a serpe, etcétera.  As cores das ilustracións son vivas e os detalles están moi marcados, acordes ca narración da obra.
 
Na parte inferior dos gravados atopase a historia narrada nas páxinas impares do conto, en letra negra; mentres que no resto da páxina atópanse diferentes estampas que se pode atopar nun bosque.  

O contido da obra trata sobre un oso que está de aniversario. Este vai celebrar a súa festa de aniversario e invita ao resto de animais do bosque que asistan ao seu convite. Finalmente todos os animais chegaron a tempo para comer a torta con Oso e axudarlle a soprar as velas. 

Potencialidade: Grazas ao título de Unha festa no bosque podemos dar algunha pista dos transcurso da historia. É unha historia moi breve, atractiva e interactiva. 

O formato facilita o recoñecemento de diferentes tipos de modalidades, dando tamén aos lectores, autonomía para elixir que ademais mostra a dimensión lúdica asociada ao proceso da lectura, texto en relación coas imaxes, entendido como un xogo produtivo e dinámico. 

A potencialidade principal desta obra, é de facernos conscientes do que é ser amigo e amiga. Tamén ensina valores de amizade e valentía para vivir experiencias novas. 

Así mesmo, podemos ensinarlle aos nenos e nenas as festas que máis cércanas e tamén ensinarlle festas doutros países. Incluso, na aula do colexio, pódese tratar os aniversarios dos nenos e nenas.

Por outro lado, con este álbum ilustrado pódese ensinarlle aos nenos e nenas cales son os animais máis característicos que viven no bosque.