Amosando publicacións coa etiqueta diversidade.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diversidade.. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de abril de 2020

Elmer

McKee, David (1985). Elmer. Trad. Xosé Manuel González. Pontevedra: Kalandraka. [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-380-7).

Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de forma rectangular e de tapa dura cunhas medidas de 23x20 centímetros. Na cuberta aparece o título en maiúsculas, o nome do autor e, no medio, un debuxo do elefante Elmer a cadros de cores, que se confunde co fondo, todo el con esa mesma disposición. O texto é breve e salienta a proliferación de cores nas ilustracións, que resaltan o contraste entre as cores de Elmer e o gris cincento dos demais elefantes. O emprego dos cromatismos é moi relevante para comprender a historia e para potenciar a mensaxe que se quere transmitir.
En relación co contido, nárrase a historia de Elmer, un elefante diferente aos demais. Elmer, en lugar de ser gris como todos os elefantes, era de cores. Por iso, o resto dos elefantes ríanse cando Elmer estaba con eles. Canso desta situación, Elmer decide marchar e cambiar a súa cor tinguíndose cos froitos grises dunha árbore, o que o converte nun elefante igual có resto. Cando volve, dáse conta de que os demais elefantes están serios e aburridos, polo que decide gastarlles unha broma. Todo volve á normalidade cando chega a choiva e se lle borra a cor gris, mostrándose as súas cores orixinais. O resto dos elefantes alégranse moito e partir dese día deciden conmemorar unha festa na que Elmer se pintará de gris e os demais elefantes de cores.

Potencialidades educativas: a través deste conto trabállanse valores como a inclusión, a diversidade, a integración, a autoestima, o autoconcepto ou a amizade. Todos eles son moi importantes para os nenos e para as nenas xa que deben comprender que non somos todos iguais e que temos que aprender a querernos a nós mesmos e respectar aos demais, independentemente desas diferenzas. Tamén é unha obra moi interesante para o desenvolvemento da creatividade, especialmente pola relación que mantén coa pintura de creadores como Paul Klee.

Recursos educativos:
Conto adaptado con pictogramas: https://www.youtube.com/watch?v=YvxIr6-apTk (consultado o 8/3/20).
(consultado o 8/3/20).

sábado, 29 de abril de 2017

Unas gafas para Rafa

Ismail, Yasmeen (2014), Unas gafas para Rafa, traduc. Macarena Salas (2015), Barcelona: Corimbo, (a partir de 2 anos), [36pp.] (ISBN: 978-84-8470-508-6).

Resultado de imagen de unas gafas para rafaBreve descrición do formato e contido da obra: pola súa estrutura interna podémolo clasificar nun álbum ilustrado, en relación co formato, é cadrado de puntas redondeadas e tapa dura. As imaxes non se axustan moito a realidade pero identifícanse os obxectos dos que fala o conto. Podemos encontrar unha gran cantidade de imaxes complexas que non seguen ningunha orde, sen embargo, as imaxes teñen unha gran diversidade de cores vivas que chaman a atención, xa que se encontran sobre un fondo branco. Os personaxes teñen cara de animal e corpo de persoa, estamos ante animais humanizados. As imaxes dan máis información ó oínte, xa que o conto está constituído por  frases cortas e sinxelas, polo que podemos encontrar pouco texto. É un conto onde predomina o diálogo entre Rafa (o protagonista) e os personaxes secundarios que adquiren un papel de complementariedade. O conto transcorre en diferentes lugar ó longo dun día de colexio do protagonista.
Resultado de imagen de unas gafas para rafaEn canto ó contido, atopamos a Rafa, un neno o que non lle gustan as súas novas gafas vermellas e non quere que ningún o vexa cás súas gafas novas, sobre todo no colexio. Ó longo do día, no colexio, Rafa intenta esconder as gafas de diferentes maneiras, pero non atopou ningún lugar adecuado para escondelas. Nun dos momentos que intenta buscar outro escondite para as súas gafas, atopa  o chifro perdido da súa mestra que tanto levaba buscado. A mestra dálle unha estrela dourada, dille que as novas gafas funcionan moi ben, e os seus compañeiros dinlle que lle gustan as novas gafas. Neste intre é cando se decata que non son ningunha vergoña as súas novas gafas e vaise moi contento para a súa casa.


Potencialidades: con este conto, pódense traballar os efectos positivos da diversidade e de ser diferentes uns de outros. Por outra banda, tamén se pode traballar a autoestima, a diversidade de opinións sen importar o que digan os demais, a resolución positiva de conflitos internos que poidan ter os nenos/as coa súa imaxe debido a cambios importantes na súa vida. Para finalizar, podemos destacar a importancia de traballar con este libro os complexos dos máis cativos e o medo a que os demais se rían deles.

xoves, 16 de febreiro de 2017

Frederick

Lionni, Leo (2004). Frederick, trad. Xosé M. Gonzalez, Pontevedra: Kalandraka Editora [15pp.] (ISBN: 84-8464-502-9).

Breve descripción do formato e contido da obra: trátase dun libro ilustrado de tapa dura e con forma rectangular (23x31cm). O debuxo semella estra feito con recortes de papel e cartón e outros materiais.
Na cuberta está Frederick, o rato protagonista da historia, entre dúas pedras suxeitando unha flor nun espazo branco. Na contracuberta está a mesma imaxe de costas. O conto trata sobre unha familia de ratos que están a traballar para afrontar o inverno. Mentres todos recollían provisións para poder comer e estar quentes na súa casa, Frederick traballaba dunha forma diferente, aparentando a simple vista que non facía nada. Cando lle preguntaban que estaba a facer, Frederick contestaba que estaba recollendo raios de sol, cores e palabras para o inverno. Ó final todos agradeceron o esforzo de fixera Frederick.




Potencialidades: É coma a fábula do conto “A cigarra e a formiga” pero cun sentido totalmente oposto, xa que o autor non lle dá unha connotación negativa a Frederick por non realizar un esforzo físico, senón que a reflexión final da lectura é positiva para o noso pequeno rato por ser un gran poeta. Este precioso conto serve para traballar a diversidade con nenos dende os tres anos.