xoves, 16 de febreiro de 2017

Frederick

Lionni, Leo (2004). Frederick, trad. Xosé M. Gonzalez, Pontevedra: Kalandraka Editora [15pp.] (ISBN: 84-8464-502-9).

Breve descripción do formato e contido da obra: trátase dun libro ilustrado de tapa dura e con forma rectangular (23x31cm). O debuxo semella estra feito con recortes de papel e cartón e outros materiais.
Na cuberta está Frederick, o rato protagonista da historia, entre dúas pedras suxeitando unha flor nun espazo branco. Na contracuberta está a mesma imaxe de costas. O conto trata sobre unha familia de ratos que están a traballar para afrontar o inverno. Mentres todos recollían provisións para poder comer e estar quentes na súa casa, Frederick traballaba dunha forma diferente, aparentando a simple vista que non facía nada. Cando lle preguntaban que estaba a facer, Frederick contestaba que estaba recollendo raios de sol, cores e palabras para o inverno. Ó final todos agradeceron o esforzo de fixera Frederick.




Potencialidades: É coma a fábula do conto “A cigarra e a formiga” pero cun sentido totalmente oposto, xa que o autor non lle dá unha connotación negativa a Frederick por non realizar un esforzo físico, senón que a reflexión final da lectura é positiva para o noso pequeno rato por ser un gran poeta. Este precioso conto serve para traballar a diversidade con nenos dende os tres anos.

1 comentario:

  1. A historia é un claro exemplo de que todos temos algo que achegar ao grupo, a pesar das nosas diferenzas. Por iso debemos valorar e apreciar as calidades e habilidades propias e as dos demais.

    ResponderEliminar