Breve descrición do formato e contido da obra: libro ilustrado de formato pequeno cos dous dos seus bordes troquelados, imitando a imaxe dunha galiña, que é a mesma na cuberna e na contracuberta. Estas están impresas en cartolina, pola contra as páxinas interiores en papel. A textura de todo o libro é a do papel, suave e delicado. O texto está acompañado de imaxes representativas do que se está lendo e dependendo da páxina encontramos as ilustracións na parte superior ou inferior da folla.
Referíndonos
ao contido debemos dicir que trata sobre un granxeiro moi avaro e egoísta que
só pensa en mellorar a súa produción de ovos, polo que forza as súas galiñas a por
varios ao día. Este feito sucede durante moito tempo, ata que unha mañá unha
galiña pon un ovo de ouro, polo que todos os coidados do seu dono son para ela,
ata que entende que tantos aloumiños teñen o fin de conseguir que poña máis
ovos coas mesmas características. A partir dese momento a galiña comeza a poner
ovos normales e xunto coas súas compañeiras deixan de facer caso das esixencias
do granxeiro.
Potencialidades: este volume ensina diversas cousas: a primeira delas é
que non se pode ceder ante as esixencias dos demais xa que, aínda que ao comezo
isto pareza positivo, acabará sendo moi prexudicial para a persoa que cede as
chantaxes; tamén transmite a ensinanza de que temos que ser felices cos bens que
posuímos e non debemos ser ambiciosos. Por outra banda, dentro das aulas, este
libro serve para traballar a vida dos animais nas granxas, principalmente das
galiñas: a posta de ovos, a súa alimentación...
Ningún comentario:
Publicar un comentario