Andersen, Hans Christian (1984), El Patito Feo, San Sebastian: Saldaña,
col. POP, [6 pp.] (ISBN: 84-7297-078-7).
Breve descrición do formato e do contido: libro ilustrado de formato rectangular
que mide 24 x 17 cm. Está encadernado en cartón brando pero cunha
capa de pintura vernizada; non hai diferenza no material co que se fixo a cuberta do resto das páxinas. Na cuberta aparece só o
título en letras negras e un debuxo do protagonista na parte central, mentres que na contracuberta se atopan os títulos desta
mesma colección, xunto co nome da editorial e o ISBN.
O libro conta con 6 páxinas nas que
se alterna o texto da narración e as ilustracións, que son móbiles, en formato pop-up, e xorden na parte central de cada páxina completa. O estilo das ilustracións son imaxes nítidas e detalladas, representando o que aparece no
texto. Son imaxes con moitas cores. Na parte superior de cada páxina predomina unha
tonalidade e na inferior, outra, pero matizando moito nos sobresaíntes, xa que neles
hai diversas cores e elementos, destacando animais e flores. A nivel lingüístico utilízase unha linguaxe cotiá pero cun texto denso e pouco estruturado.
A historia que se conta é a do
patiño feo. Nela nárrase a vida dun pato que naceu diferente aos seus irmáns
e todos se burlaban del, incluso súa nai. O patiño un día, despois de tanto
sufrimento, decidiu marchar da granxa. Cando partiu do corral, andou días e
días sen descansar e caeu desvanecido ao lado dun pantano. Ao abrir
os ollos pensou que encontrara, xunto a uns patos salvaxes, a tranquilidade e un
sitio onde o aceptaran, pero coa mala sorte de que un cazador matou a todos os
seus compañeiros e o patiño volveu á súa soidade. Un día viu pasar uns bonitos cisnes
e un deles chamoulle “irmán”. O patiño estrañado mirouse no reflexo do estanque
e viu que era un bonito cisne. Así foi como encontrou no mundo o seu lugar e
a súa felicidade.
Potencialidades: El patito feo é un dos contos clásicos máis coñecidos pola infancia, que foi escrito por Andersen en 1843. Un dos maiores potenciais que ten este libro é a ensinanza de valores,
sobre todo o da exclusión cara a persoas diferentes a nós. Podemos dicir que é un
dos libros clásicos cuxa historia está máis viva e presente que nunca debido á intransixencia e intolerancia, manifestadas en actitudes como o
racismo, a homofobia, o machismo, o bulling... que existe na sociedade. A ensinanza do conto
é que non debemos desprezar a ninguén polo seu aspecto físico, que todos temos sentimentos e que cada
vez que ofendemos a alguén esa persoa pásao mal. Traballar con este aspecto da historia promove a empatía e a tolerancia. Outro dos valores que transmite a historia é que todos nos equivocamos, que
ao final non sempre temos razón e que aínda que as cousas comecen mal non temos
que deixar de loitar para ser felices, tal e como fixo o patiño.
É importante explicar que non é un libro actual, xa que ten 33 anos, polo que nos chama a atención que sexa un libro pop-up. Grazas a materiais como estes dámonos conta de que este tipo de ferramentas non son tan recentes como pensamos.
É importante explicar que non é un libro actual, xa que ten 33 anos, polo que nos chama a atención que sexa un libro pop-up. Grazas a materiais como estes dámonos conta de que este tipo de ferramentas non son tan recentes como pensamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario