luns, 20 de febreiro de 2017

Ana está furiosa

Nöstlinger, Christine (1992). Ana está furiosa, ilust. Arnal Ballester, trad. Carmen Bas, Madrid: SM, col. El Barco de Vapor, 59 pp. (ISBN: 978-84-348-3773-7).

Breve descrición do formato e contido da obra:
libro rectangular de tapa branda e encadernación rústica coas follas dun tacto similar á cartolina. Na cuberta aparece a protagonista do conto, Ana, furiosa e vermella, acompañada polo seu gato. Na contracuberta aparece un breve resumo do contido do libro.  É un libro narrativo en castelán que conta, en cada unha das súas páxinas, con texto e pequenas ilustracións representativas deste. 

Ana é unha nena que se enfada por todo, sempre está furiosa: berra continuamente, incluso chega a mancarse a si mesma en diversas ocasións. Os nenos e nenas métense con ela para que se enfade. Un día, na casa, póñenlle fin a esta situación, e é seu avó que, coa axuda dun tambor, lle ensina como canalizar toda esa ira.



Potencialidades: é unha divertida historia que ensina a afrontar os problemas, é dicir, como hai opcións para manexar todos os sentimentos que non son bos para nós mesmos e a xente que nos rodea. Neste caso, trata os cabreos dunha nena e como o seu avó, que nunca lle mente e sempre lle axuda (ideal de avó ou avoa de todo neno e nena pequena), lle ofrece unha solución.


Ningún comentario:

Publicar un comentario