venres, 10 de febreiro de 2017

Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso.

Pieper, Christiane (2005), Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso, ilust. da autora, trad. Pepe Martínez García, Pontevedra: Kalandraka editora, 16 pp. (ISBN: 978-84-95123-20-6).






















Breve descrición de formato e contido da obra: este conto ten un formato mediano, con tapas duras e cantos en forma rectangular. É un album ilustrado narrativo que presenta una historia orixinal cunha clara finalidad educativa e moral. As páxinas están formadas por imaxes é frases curtas en ambos os lados. Estas imaxes están dotadas con moita luz e achéganos a historia narrativa que vimos lindo visualmente. O fío da narración desenvolverse as viaxes que levan a cabo Catarina e o seu amigo o Oso, que son os dous protagonistas.

Potencialidades: é unha obra para deixar boar a imaxinación, para facer reflexionar os cativos sobre a amizade entre Catarina e o Oso que, aínda que non son iguais fisicamente, son amigos e fan miles de viaxes diferentes mentres se divirten. Grazas a este relato mostramos diferentes zonas do mundo coa súa natureza característica.Polo tanto non só é un conto que nos servirá para levar á aula os temas de igualdade,senón tamén  para que os pequenos se familiaricen coa natureza de diferentes zonas do mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario