Fernandez,
Jacobo (2009), O Entroido, Vigo: Galaxia, col. Pimpín
por aquí non vin (de 0 a 6 anos), [14 pp.] (ISBN: 978-84-9865-151-5).
Breve
descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado divulgativo enumerativo en galego que se
caracteriza polo seu formato pequeno en libro-acordeón, de tapas duras, despregábel nunha longa saba, con dous buracos para
ser colgado, no que a ilustración é a protagonista. Está estruturado en dúas
caras. Por una delas, unha ilustración única, continua, sen texto, na que
se reflicte unha situación típica do “Entroido”. Pola outra cara, diferente
vocabulario acompañado de representacións gráficas, referente ao tema do libro,
o Entroido. Ademais, conta cunha paxina de preguntas sinxelas que se lle irán
facendo aos nenos para que realicen unha lectura visual da ilustración da cara
posterior do libro.
Potencialidades: como a propia cuberta nos amosa,
é un libro que achega os cativos a unha das tradicións propias de Galicia
como é o Entroido. Este libro permite aos máis pequenos xogar con el e coa historia que se conta por medio da ilustración, para iso terán que tentar solucionar as preguntas que se lles propoñen no propio
texto, como por exemplo “por que vai vestida así de rara a xente?”, á vez que
aprenden as primeiras palabras relacionadas co tema do Entroido (“as orellas”,
“o peliqueiro”,...) Ademais, presentáselles a un fermoso paxaro que se chama
Pimpín e que se atopa agachado na ilustración, ao que terán que esforzarse por
atopar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario