Parets Luque, Carmen (2014), Paula y su cabello multicolor, Madrid: Createspace (2-6 años), [24 pp.] (ISBN: 978-14-9936-533-7).
Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado que se
caracteriza por ser de formato mediano e rectangular, con cantos rematados en
punta e as tapas de cartón brando. Na cuberta aparece a personaxe principal e
sobre ela un rótulo branco co título do libro e o nome da escritora. As cores
empregadas son moi vistosas e localízanse unicamente no pelo de Paula,
focalizando así a atención no elemento principal da obra. Na contracuberta do
libro aparece a mesma imaxe que na cuberta, pero neste caso non está definida e
as cores son moi suaves. Nela descríbese o obxectivo do libro e as emocións que
aparecen recreadas nel: alegría, tristeza, enfado e medo.
No
interior da obra, as páxinas pares teñen unhas ilustracións,
caracterizadas por uns toques de cor nos elementos principais que
representan unha emoción, sendo o demais de cor branca. Nas páxinas impares
aparece o texto en maiúscula, sempre relacionado coa ilustración da seguinte
páxina. Emprégase un vocabulario sinxelo, facendo así que sexa fácil comprender
a historia. Ao
longo do libro van narrándose diferentes situacións cotiás e cómo Paula sente
cousas diferentes en cada unha delas, cambiando así a cor do seu pelo.
Potencialidades: con esta obra búscase que os máis
pequenos recoñezan as emocións e poidan expresalas dun xeito positivo e saudable. Ademais, ao relacionalas con hábitos da vida
cotiá conséguese que os nenos e nenas poidan identificar os sentimentos de
alegría, tristeza, medo e enfado dunha forma máis sinxela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario