Carle, Eric (2014), La pequeña oruga glotona, ilust. Eric
Carle, trad. Esther Rubio Muñoz, Madrid: Kókinos, (de 2 a 6 anos),
[16
pp.] (ISBN: 978-84-88342-33-1).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado que se caracteriza polo seu volume de
formato mediano e rectangular, de cantos redondeados e tapas e páxinas de cartón,
algunha delas furadas. O texto é breve e sinxelo e ocupa un lugar discreto, xa que non pretende quitarlle o protagonismo á ilustración
formada por figuras de cores rechamantes e atractivas sobre un fondo branco. Ademais,
prodúcese unha correspondencia entre o texto e as imaxes que van avanzando á
par. En canto ao contido da obra, falásenos da viaxe que leva
a cabo a eiruga protagonista desta historia cara á súa transformación final, é
dicir, ata que se converte nunha bolboreta.
Potencialidades: esta
obra ten un gran número de potencialidades, pero a principal é mostrar dunha forma moi orixinal o proceso de metamorfose da eiruga, vendo paso a paso o seu
ciclo vital. Ademais, trabállanse aspectos como os días da semana, os números,
vocabulario sobre as froitas e outros alimentos e conceptos temporais (día e
noite), de tamaño (delgado e gordo) e de cantidade (pouco e moito). Tamén axuda
a aprender as cores e a adquirir hábitos saudables de alimentación, pois cando
a eiruga colle unha enchente de alimentos pouco saudables, éntralle unha forte
dor de barriga, facendo ver así aos seus lectores a importancia de comer
froitas.
Este conto baixo o meu punto de vista pódese empregar con nenos/as a partir dos tres anos e cos que podes chegar a facer diversas actividades: aprender os números, os días da semana, os alimentos, o ciclo das mariposas, etc. Sí é un conto que eu recomendaría xa que eu empregueino cos nenos de 3 anos na escola infantil e gustoulles moito xa que chegamos a facer de manualidade una eiruga xigante con diversos materiais de refugallo e foi algo que lles encantou, ademáis dos diversos contidos que chegaron aprender.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarTodo un clásico! É xenial para empregar na etapa infantil, porque como dís, as posibilidades de traballo a partires del son infinitas: os números, os días da semana, os alimentos, o ciclo das bolboretas... Además, a cantidade de recursos que podemos atopar relacionados ca obra é enorme: multitude de exemplos para realizar actividades plásticas, actividades interactivas, fichas para traballar os números, a secuencia da historia... E a súa versión pop up é unha delicia!!
ResponderEliminar