Tango Books, (2008), Los mejores amigos, ilust. Mark Chambers, trad. Fina Palomares, Barcelona: Combel editorial, [12 pp.] (ISBN: 978-84-9825-303-0).
Breve descrición do formato e contido da obra: libro despregable de forma cadrada con tapas duras e grosas. Na cuberta presenta o título en letras grandes negras minúsculas, ademais dunha bonita imaxe dunha paisaxe cos dous protagonistas da historia: Xaime, un neno que vai en cadeira de rodas, e a súa mellor amiga, da que descoñecemos o nome. Na contracuberta aparece o ceo e un cadrado azul cun breve resumo do contido da obra. Conta con 12 páxinas ilustradas e pouca letra. As cores son diversas e vivas, polo que chaman a atención. A historia trata de todas as cousas que é capaz de facer Xaime a pesar das diferenzas físicas coa súa mellor amiga.
Potencialidades: conto moi recomendado para a educación infantil, xa que a través dos diferentes despregables os nenos e nenas realizarán a lectura máis autonomamente. É de fácil manexo para eles, xa que pesa pouco, e as súas páxinas completamente ilustradas permiten un mellor seguimento da lectura. O contido da obra é de fácil comprensión. A obra convida aos máis pequenos/as a aceptar as diferenzas de todas as persoas e observar as potencialidades que temos cada un/unha como persoas que somos a pesar das diferenzas físicas, psíquicas etc. É unha boa obra para a reflexión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario