xoves, 16 de febreiro de 2017

O caracol rabolaranxa

Dalmaxes, Antoni (1993), O caracol rabolaranxa, ilust. Ana Lopez Escrivá, trad. Pilar Vilaboi, Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, col. A fiestra, 24 pp. (ISBN: 84-7824-179-5).












Breve descrición do formato e contido da obra: Libro ilustrado de historia orixinal, sendo unha tradución de El cargol cuataronja. A edición forma parte dunha colección de libros para os nenos tanto para a escola coma para o tempo de lecer. En canto ao formato  dicir que é de tapa branda e que o texto sempre se encontra nas páxinas pares e as ilustracións que lle corresponden, nas impares, polo tanto é unha narración en paralelo. O argumento conta a historia dun caracol do cal todo o reino dos caracois se rían porque en lugar de ter a cuncha como o resto tíñaa en forma de gorra de ciclista e laranxa. El sempre estaba moi triste e avergonzado. De feito, só saía da casa cando sabía que non o vía ninguén. Unha tarde de verán uns nenos e nenas foron por caracois ao campo para un arroz,porén a el non o colleron por ser diferente ao resto, pensando que por iso sabería mal. Entón dende ese día todos os sobreviventes comprenderon que aquel defecto do que tanto rían era unha vantaxe e comezaron a comer cenorias para ver se a cuncha se lle poñía de cor laranxa, máis tamén rabolaranxa deixou de estar triste por ser diferente e empezoulle a gustar ser distinto ao resto.

Potencialidades: esta versión en galego para nenos e nenas permite achegarlles a lingua aos máis cativos ademáis a linguaxe utilizada é moi sinxela e de fácil compresión. As imaxes son lineais ao texto o que permite seguilo aínda que non se estea lendo, polo tanto déixalle aos máis pequenos a oportunidade de imaxinar o que está ocorrendo. É un conto no que representa moi ben como as diferenzas dan a cada persoa vantaxes e desvantaxes. O  que máis se destaca é como se valora e se reflicte a diversidade e que todas as persoas somos distintas e especias. É importante que dende educación infantil os nenos e nenas se valoren como persoas con características que non teñen por qué ser igual ao resto, sobre todo que as vexan como algo positivo. Se se traballa estes conceptos que se corresponden co autoconcepto e autoestima moitos problemas que se dan en idades máis tardías non terían lugar, xa que son aspectos básicos na constitución da personalidade e permiten o desenvolvemento da capacidade de empatía.
Dende o meu punto de vista, para as persoas que lean este conto sérvelles de reflexión, sexa alumnado ou adultos para aprender a non xulgar as persoas por ter algo que non teñen os outros e entender que os prexuízos poden facerlle dano . 

Ningún comentario:

Publicar un comentario