martes, 28 de febreiro de 2017

O libro dos porcos


Browne, Anthony (1986). O libro dos porcos, ilust. Anthony Browne, trad. Xosé M. González, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Tras os montes, [40 pp.] (ISBN: 987-84-8464-571-9).





Breve descrición do formato e contido da obra: Trátase dun exemplar de 21 x 25 cm de pasta dura que mestura un texto moi breve con imaxesrimeiro é moi reducido e predominan máis as segundas. Atopamos páxinas que soamente teñen ilustración-ausentes de texto- e páxinas  nas que texto e imaxes aparecen xuntos. Cabe destacar que as ilustracións están relacionadas coa narración en si, pero non son imprescindibles para a comprensión da mesma por parte do lector/a e as cores destas non son excesivamente vivas. O tamaño das letras é o axeitado para que o lector se centre e non se distraia.
Na cuberta podemos observar aos 4 protagonistas da obra e o seu argumento versa sobre unha familia composta por un pai, unha nai e os seus dous fillos que vivían nunha casa, todos xuntos. A nai era a encargada de facer todas as comidas e os demais membros da súa familia sempre lle metían présa para que as fixese e ademais nunca a axudaban a recoller nin a fregar. Unha vez que os fillos marchaban á escola e o pai ía ao traballo, a nai quedaba na casa facendo ela soa as tarefas domésticas para despois marchar ao seu traballo. Un día, cando o pai e os fillos volvían á casa, percatáronse de que a nai xa non estaba alí e tras buscala atoparon unha nota que dicía: "Sodes uns porcos" e a partir de entón tivéronse que encargar eles de facer tódalas comidas e as tarefas da casa, sen embargo, sempre as facían mal. Cando a situación era xa insostible para eles, apareceu pola porta a nai e, de súpeto, o seu marido e os seus fillos suplicáronlle que volvese e ela accedeu pero a situación na casa cambiou porque tras isto todos comezaron a colaborar e a nai quedou satisfeita.

Potencialidades: O exemplar é fabuloso para que os máis pequenos aprendan xa desde os primeiros intres o importante que é colaborar todos nas tarefas domésticas e o necesarias que estas son porque normalmente non aprezamos o esforzo que pon a persoa que as realiza para que todo esté a punto. O conto é unha crítica á situación de moitas amas de casa, que viven sumisas e sen axuda por parte dos demais membros da familia sen que o seu labor sexa recoñecido como se merece.



Ningún comentario:

Publicar un comentario