domingo, 12 de febreiro de 2017

El burrito Platero

Morán, Jose, El Burrito Platero, ilust. Marifé González, Madrid: Todolibro Ediciones, [41 pp.] (ISBN: 978-84-9806-521-3).

Breve descrición do formato e contido da obra:  álbum ilustrado con pictogramas, formadas a  cuberta e contracuberta de cartón e as páxinas de papel. Na cuberta xa nos empeza a describir como é o burriño Platero e como van ser as historias. Nas gardas aparece o vocabulario que vai aparecer ao longo das historias, con pictogramas ao lado, correspondente ao concepto. En total son doce historias nas que o protagonista é Platero, personaxe inspirado na obra homónica de Juan Ramón Jiménez.



Potencialidades: É un libro que lle permite ao/á neno/a ir aprendendo vocabulario polo mero feito de que as frases non están completas con texto, senón que se van introducindo imaxes que  aparecen nas gardas do libro co concepto correspondente. Ademais, contribúe a desenvolver a súa imaxinación porque só aparece a imaxe do final e tamén porque as imaxes figurativas semellan moi reais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario