luns, 27 de febreiro de 2017

Os Bolechas queren saber... como vivían no castro do Trega



Carreiro, Pepe (2009), Os Bolechas queren saber... como vivían no castro do Trega, Promocións Culturais Galegas, col. Edicións A Nosa Terra, (de 3 a 6 anos), [29 pp.] (ISBN: 978-84-8341-370-8).




Breve descrición do formato e contido da obra: volume de pequeno formato e tamaño rectangular, coas páxinas en disposición horizontal. Trátase dun dos libros da colección ``Os Bolechas queren saber...´´, unha especie de pequena enciclopedia dedicada á infancia onde estes divertidos personaxes buscan a resposta de diversos temas. Presenta textos curtos, acompañados de grandes ilustracións a toda cor, onde se explica cómo habitaban os castrexos do Monte Santa Trega, na Guarda; cómo eran as súas casas, ónde estaban situadas, a qué se dedicaban... Todo narrado de modo sinxelo e moi didáctico, pensando nun potencial lectorado de curta idade.

Potencialidades: atopo este libro moi interesante para tratar este tema cos nenos, xa que coas grandes ilustracións nas cales os famosos personaxes dos Bolechas son os protagonistas, é moito máis sinxelo e ameno. Ademais, trátase unha gran cantidade de información sobre a vida dos castrexos, pero dun xeito moi adaptado e ilustrativo; páxina a páxina tócanse diversos temas como as casas, o día a día nos castros, utensilios que utilizaban os castrexos... Opino que este libro é idóneo para utilizar nun traballo en proxecto na aula (sobre os castros, os castrexos, a vida na prehistoria...), para buscar información ou como apoio.

1 comentario:

  1. Sería conveniente dicir algo dos Bolechas, en especial da colección na que se integra este título. Reflexionar tamén sobre as potencialidades, pódense mellorar!

    ResponderEliminar