Cortizas, A. e J. Alonso (2004), Esta era unha vella. Zaragoza: Luis Vives, col. Dediños (de 0 a 3 anos), [5 pp.] (ISBN: 978-84-2635-509-6).
Breve descrición de formato e contido da obra: volume de pequeno formato (12x12 cm) cos cantos redondeados. Tanto a súa cuberta coma as páxinas do interior están feitas dun cartón ríxido que presenta un buraco no centro que se repite en todo o conto.
O seu texto constitúe un xogo-rima de encadeamento de nunca acabar procedente da tradición oral galega. As imaxes do libro (unha vella e un gato) corresponden co texto.
Potencialidades: Este libro-obxecto ou libro-brinquedo debido ao seu reducido tamaño e o burato no centro fai que os nenos e nenas poidan introducir os dediños e xogar con el, así como animar as imaxes mentres llelos len. Deste xeito, o neno séntese protagonista ao tempo que xoga coas súas mans. Ademais este libro é unha boa forma para potenciar a transmisión oral da cancionciña tradicional da vella que tiña un gato cos pés de trapo, a barriguiña ao revés e as orellas de papel. Queres que cho conte outra vez?
Ningún comentario:
Publicar un comentario