xoves, 16 de febreiro de 2017

Elmer

Mckee, David (2015), Elmer, ilust. do autor, North Sidney: Random House Australia, [32 pp.]. (ISBN: 978-1-84270-731-9).






Descrición do formato e contido: esta obra é un álbum ilustrado narrativo en inglés sobre unha historia orixinal que forma parte da colección "Elmer´stories".O libro preséntase nun formato rectangular, con esquinas marcadas e de tamaño medio. As súas cubertas chaman a atención pola multitude de cores que conteñen. Son de cartolina fina e brandas, no que resalta o título e o personaxe principal, os cales están en relieve. A cuberta e a contra cuberta presentan unha continuidade ao igual que nas gardas. Todas as folla do libro, incluíndo as gardas e as cubertas son lisas ao tacto.
            Respecto ao interior do álbum podemos dicir que os debuxos das páxinas tamén presentan unha continuidade. O texto aparece en cor negra, minúscula e situada en diferentes partes da páxina. A letra é case sempre do mesmo tamaño, exceptuando as expresión exclamativas que aparecen recalcadas en negriña e en maiúsculas para chamar a atención dos nenos/as.


            No que se refire ao contido, Elmer trata dun elefante, coa pel de moitas cores que a pesar de ser querido por tódolos seus amigos, xa que sempre os fai rir e pasalo ben, se sinte diferente ao resto. Un bo día decide marchar dar un paseo ata chegar a unha cerdeira, onde se lle ocorre rebozarse nos froitos co fin de ser de igual cor co resto de elefantes. Ao volver dáse conta de que ninguén o recoñece e están moi tristes pola súa ausencia. Un anaco despois decide darlle un susto a todos para que saiban que el é Elmer. A partir dese momento deciden que todos os anos farán unha festa na que el será gris e os demais estarán cheos de cores.



Potencialidades: Este álbum contén unha gran cantidade de potencialidades. O obxectivo principal deste conto é fomentar o concepto de diversidade como algo positivo, así como potenciar o autoestima  facendo comprender os nenos/as que hai que aceptarse tal como somos. Tamén é importante incidir no valor da amizade pese a diferenzas persoais. Por outro lado con Elmer poderemos aprender tamén sobre o mundo dos animais. Por último, ao estar escrito en inglés servirá para introducir outras linguas na aula.

1 comentario:

  1. Hai que mellorar as potencialidades e revisar as correcións que están marcadas!

    ResponderEliminar