martes, 14 de febreiro de 2017

El Fondo de Mar

Prado Riveiro, Ana (2008), El fondo del mar, ilust. Alena Emilova, Daniel Alonso, Madrid: Santillana Ediciones, (+3) [9 pp.]. (ISBN: 978-84-03-09830-5).



Descrición do formato e contido: Esta obra é un álbum ilustrado interactivo que forma parte dunha colección de diversos temas. Preséntase nun formato rectangular, con esquinas marcadas e de tamaño grande. As súas cubertas chaman a atención pola cantidade de cores que conteñen. Son de cartón groso e duro. A cuberta e a contracuberta presentan unha continuidade no debuxo. Na portada aparece unha carta a modo de presentación do conto.
O interior do álbum conta con dúas páxinas con debuxos despregables en 3 dimensións e solapas que esconden debuxos do fondo do mar ou personaxes. Tamén conta cunha páxina que contén figuras de diversos personaxes en cartón duro para poder xogar e inventar historias. Na páxina consecutiva a esta atoparemos un peto despregable para gardar as figuriñas ao rematar. Exceptuando a carta principal que aparece en negriña, o libro carece de texto, de forma que ofrece unha interpretación libre. No que se refire ao contido, podemos destacar a carta de presentación dunha “serea” que invita os lectores a participar de forma activa.


Potencialidades: o obxectivo principal deste álbum é fomentar a interacción entre o alumnado e a lectura, así como coñecer elementos do fondo do mar e ampliar o seu vocabulario. Por outro lado potencia o xogo e a aprendizaxe cooperativa. Con este conto tamén poderán deixar voar a súa imaxinación creando infinidade de historias diferentes cada vez que o abran.

Ningún comentario:

Publicar un comentario