Saldaña, María del Mar (2016), Hay un monstruo en la oscuridad, ilust. Sol Ravassa, Basauri-Bizkaia: Soldesol, (de 3 a 7 anos), [34 pp.] (ISBN: 978-84-945119-6-7).
Breve descrición do formato e contido da obra: É un conto ilustrado, encadernado con tapa dura, de forma cadrada que mide 22 x 22 cm, con láminas grosas. Ademáis é unha obra fragmentaria.
Breve descrición do formato e contido da obra: É un conto ilustrado, encadernado con tapa dura, de forma cadrada que mide 22 x 22 cm, con láminas grosas. Ademáis é unha obra fragmentaria.
Na cuberta aparece o título do libro en letras brancas e en maiúscula, o nome da autora, a ilustradora e a editorial, mentres que na contracuberta atópase unha descrición do conto, a web da editorial e o ISBN.
O conto ten 34 páxinas nas que o texto case non está presente xa que as imaxes (fixas) ocupan a maior parte do espazo. O estilo das ilustracións son imaxes cunha tonalidade escura, que centran a atención nunha palabra clave do texto. As cores que se utilizan para representar esta palabra son variadas sempre deixando ao redor ese negro que transmite profundidade.
Ao comezo desta obra a autora preséntanos unhas instrucións para ler o conto nas que se comentan que debemos facelo con moita emoción, comezando cunha voz que amedrente e acabando con sorrisos. O monstro que aparece é terrorífico tal e como pensan os nenos/as pero a medida que vai transcorrendo a historia os detalles que se dan fan que se imaxine un monstro totalmente diferente e dunha maneira divertida: "Lleva unas bragas rosas de encaje, y le cuelga un enorme y asqueroso moco verde de la nariz...".
Potencialidades: Hay un monstruo en la oscuridad é un conto novidoso moi diferente a calquera conto tradicional. O tema principal é o medo infantil: moitos nenos/as teñen medo nocturo e un dos maiores potencias que lle saco a este libro é a posible superación ligada á desaparción dese medo á escuridade e aos monstros xa que o que se fai nesta obra é desdramatizar e despersonalizar a figura do monstro a través da parodia e a ridiculización. Ademais, outra cousa a destacar é que nas páxinas finais se dan instrucións para debuxar o monstro da escuridade ideal e déixase unha páxina en branco para facer un estupendo debuxo.
Creo que esta obra tamén potencia o desenvolvemento da imaxinación dos nenos e nenas, pois ao mesmo tempo que se produce a superación do medo aos monstros da escuridade, permite que os pequenos e pequenas sexan creativos á hora de crear o seu propio monstro dun xeito máis divertido. A maiores, é un conto que favorece ao mesmo tempo traballar as emocións, axudándolles a controlalas e a regulalas.
ResponderEliminarTotalmente de acordo co teu comentario. Grazas!
Eliminar