domingo, 19 de febreiro de 2017

Os transportes

López, Jesús (2005), Os transportes, ilust. do autor, A Coruña: Baía Edicións, col. Quebracabezas (de 0 a 3 anos), [10 pp.] (ISBN: 84-96526-06-2).


Breve descrición do formato e contido da obra: volume de formato mediano, groso e rectangular, de cantos redondeados e tapas e páxinas duras. A cuberta é acolchada e reflicte moi ben o tema do que trata o libro, ademais contén unha pequena ventá mediante a cal se nos amosa o segredo que este agocha, un quebracabezas. Estrutúrase en dúas partes: á esquerda, as páxinas do libro onde os máis cativos poden aprender o primeiro vocabulario sobre os medios de transporte, á vez que, resolver as adiviñanzas que se lle van presentando, as cales lles van dar pistas, coa axuda da ilustración, para realizar o quebracabezas. E a dereita, un quebracabezas de 12 pezas en forma de cubo, recollido nunha pequena caixa, que vai dar lugar ata a 6 imaxes diferentes.



Potencialidades: con este libro os máis pequenos divírtense e entretéñense resolvendo adiviñas e quebracabezas, á vez que aprenden novo vocabulario sobre os medios de transporte. Ademais disto, as adiviñas axúdanlles a asociar as súas ideas coas palabras e así enriquecer o seu vocabulario, á vez que estimulan a súa imaxinación. En canto aos quebracabezas, permítenlles traballar a súa motricidade fina, a memoria visual, a concentración, así como as habilidades espaciais e matemáticas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario