Symes, S. (2011). Veo, veo una cosa de color... Azul. ilust. Nick sharratt, trad. Élodie Bourgeois, Barcelona: Juventud, S.A., (de 2 a 6 anos), [32 pp.] (ISBN: 978-84-261-3842-2 ).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado con volume de gran formato (25 x 27,5 cm) e cubertas ríxidas. Na dianteira ofrécese un adianto do contido, pois esta segue o mesmo esquema que as páxinas interiores (un neno con buracos nos ollos) acompañado co titulo "Veo,veo una cosa de color... Azul". O interior divídese por cores (azul, verde, gris, marrón e negro). Para introducir cada cor podemos ver no texto das páxinas da esquerda que di “veo, veo una cosa de color…” para logo dar exemplos de obxectos da mesma cor. Pola contra na páxina dereita vese a un neno ou nena sobre un fondo da mesma cor e cos ollos aburatados, que fai que traspasen á páxina seguinte e se vexan da cor correspondente. Unha vez pasamos a páxina onde se presenta a cor podemos ver unha imaxe grande ocupando as dúas paxinas sobre o obxecto a adiviñar. Logo repetirase este mesmo esquema nas páxinas seguintes coas diferentes cores, para finalizar cunha festa de disfraces onde aparecen todos os nenos e nenas que foron aparecendo durante o transcurso do conto.
Potencialidades:
Unha historia cuxo obxectivo principal é a presentación das cores, aínda que de forma paralela se traballe a imaxinación, pois os nenos e nenas poderán dar ideas sobre obxectos das mesmas cores máis ala dos que aparecen no propio conto, así como dicir cores novas e seguir o xogo sen a utilización física do conto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario