Rabe,
Tish (2008), Son un bebé, ilust. Ana
Larrañaga, trad. Antía Pereira, Vigo: Promocións Culturais Galegas, col. Os
libros de Tatá, (de 0 a 3 anos), [16 pp.] (ISBN: 978-84-8341-248-0).
Breve
descrición do formato e contido da obra: volume de
pequeno formato, de cantos redondeados e as páxinas divididas horizontalmente
en tres partes separadas. Presenta un breve texto nas páxinas pares que mantén
a mesma estrutura en todas elas, cunha frase de presentación (“son unha meniña”
ou “son un meniño”, dependendo do sexo do protagonista), outra frase fai
referencia á cor que predomina en cada páxina (“Coas pezas amarelas gústame
xogar”, “Coas pezas verdes gústame xogar”...) e por último outra frase na que
se alude aos xoguetes que acompañan o/a protagonista e as cores destes. Cada
unha destas páxinas correspóndense coa ilustración que aparece nas páxinas impares.
Potencialidades.
Como
se indica na propia cuberta, é “un conto para mesturar e combinar. Ducias de
combinacións de cores”. Por iso, o feito de que cada páxina estea divida en
tres partes independentes que se poden combinar libremente permite que se lea a
historia cada vez dunha forma diferente e que os pequenos vaian decidindo as
combinacións, amais de ir aprendendo a diferenciar cores, xoguetes, roupa e
mesmo as partes do corpo, dependendo da pericia do adulto que lle narre cada
unha das historias que xorden das múltiples combinacións posibles. Por outra
parte, a obra propicia unha visión multicultural, a través dos protagonistas,
que pertencen a diferentes razas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario