Zabalbeascoa, Amatxu (2008),
Miedo a la oscuridad, ilus. Ximena
Maier, Beascoa, colec. El maletín del doctor Quitamiedos, (+4) [24 pp.] (ISBN: 978-84-488-2841-7).
Descrición do formato e do contido da obra: é un álbum ilustrado de pequeno
tamaño e de forma rectangular.
A súa cuberta e a contracuberta están formadas de cartón
duro e as follas son dun gran grosor. Na cuberta aparece a protagonista que se chama Ariadna, unha nena pequena, o título da obra e quen é a autora e a
ilustradora. A información favorece que nos fagamos unha idea de cal vai ser o problema que esta nena ten, tanto polo título coma pola imaxe que se nos presenta.
E na contracuberta vemos a colección á que pertence este
libro e cal é a súa imaxe que representa a dita colección, preséntansenos outros
libros que podemos atopar e un breve resume da historia.
As páxinas que forman
este libro teñen un texto de letra asequible para os nenos pero ao mesmo tempo
hai algún que quizais teña unha extensión bastante grande pero ao mesmo tempo
unha imaxe que ocupa toda a folla que fai referencia ao texto que acompaña.
O argumento da obra xira ao redor dunha
nena chamada Ariadna que lle ten medo á hora de marcharse a durmir, polo que os seus pais
deciden acudir a un médico que vai levar a nena a diferentes sitios pola noite
para que vexa o que pasa cando é noite e cando sempre é día (por un truco dun
mago). Unha vez que a nena ve o que se sucede sendo diario día dáse
de conta de que nada sería o mesmo se non hai un momento no día de que sexa de
noite.
Potencialidades:
con este libro podemos axudarlle a aqueles nenos que lle teñen medo á escuridade que á hora de durmir son incapaces de facelo. A través desta historia contarémoslles que pasaría se só houbese día e non existise a noite, e ensinarémoslles diferentes estratexias
para que afronten eses medos.
Mellorar redacción! Mellorar potencialidades!
ResponderEliminarSeguro que é un álbum ilustrado????