Amosando publicacións coa etiqueta amor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta amor. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2020

En la barriga de papá



Grousset, N. (2012). En la barriga de papá, ilust. Magali Bardos, trad. Rafael Ros, Barcelona: Corimbo, [34 pp.]. (ISBN: 978-84-8470-446-1).

 

Descripción del formato y contenido: álbum ilustrado de tapa dura con dimensiones 23x20 del autor Norac-Grousset e ilustrado por Magali Bardos. En la cubierta del cuento se puede observar la imagen de un padre acostado encima de un colchón hinchable de color rojo sobre el mar con una mano encima de la barriga. En la parte inferior se encuentra el título del cuento en letras blancas, de gran tamaño y en mayúscula, mientras que en la superior se encuentra el nombre del autor y de la ilustradora en letra de color negro. Todo esto con un fondo predominantemente azul que representa la superficie del mar. En la contracubierta se encuentra una niña rubia en bañador y con unos flotadores haciendo un gesto de guardar silencio, en la parte inferior se puede observar también el nombre de la editorial del cuento.

Las ilustraciones son grandes, coloridas y originales. Los textos son sencillos, breves, de color negro y se encuentran situados en diferentes espacios de ambas páginas. El principio de la historia se desarrolla en la playa y las imágenes están representadas por un tono azul y otro amarillo, el tono azul representa la superficie del mar, mientras que el amarillo representa la arena de la playa.

El argumento gira en torno a una niña que se da cuenta de que su padre tiene la barriga grande y piensa que es porque va a tener un bebé, incluso lo habló con su amiga María, explicándole que los papás hacen a los niños y las mamás a las niñas. Es desde ese momento que empieza a cuidar a su padre y a protegerlo de los peligros, le protege cuando están jugando a la pelota, le tira la basura e incluso le compra antojos. Es entonces cuando la madre se percata de esta situación y le pregunta a la niña porqué actúa de esa manera, a lo que ella responde que se dio cuenta de que papá iba a tener un bebé. Ante tal información, la madre le explica que los papás no pueden tener bebés y desde ese momento todo cambió para ella, ya que ahora podía volver a jugar a la pelota con papá de nuevo. Mientras jugaban a la pelota se le desataron los cordones y su madre se los ató, en ese momento se dio cuenta de que su madre también tenía la barriga un poco redondeada y unos meses más tarde apareció el hermanito que tan ansiosamente estaba esperando.

 

Potencialidades: la lectura de esta obra nos permite abordar diferentes temas de interés, como la familia y la maternidad. En mi opinión se trata de un cuento muy interesante para trabajar la maternidad en el aula, ya que al ser un cuento recomendado para niños y niñas de cinco años en adelante se podrán trabajar diferentes cuestiones e inquietudes que les surjan al respecto y que pueden ayudarles a entender lo que significa la llegada de un nuevo miembro a la familia.

 

Recursos:

- Safire (11 de abril de 2016). En la barriga de papá. [Mensaje en un blog]. SlideShare. Recuperado de: https://es.slideshare.net/safiire/en-la-barriga-de-papa (consultado 24 de abril de 2020).


Adiviña canto te quero



McBratney, S. (2007). Adiviña canto te quero, ilust. Anita Jeram, trad. Manuel Janeiro, Madrid: Kókinos, [40 pp.]. (ISBN: 9788496629578).


Descrición do formato e do contido: álbum ilustrado de formato cadrado (25x25 cm) e tapas duras feitas de cartoné. Na cuberta podemos observar ás dúas protagonistas, a lebre grande e a lebre pequena, as dúas de cor abelá. A disposición do título na cuberta resulta significativa, ao aparecer dividido en dúas partes, unha na parte superior da imaxe central, Adiviña canto, e outra na inferior, Te quero e con distintas cores. Na parte inferior encóntrase o nome do autor e da ilustradora e aos lados as dúas lebres saltando por separado na mesma dirección. Na contracuberta aparece a imaxe do bosque no que ten lugar a historia e un pequeno resumo.

O tema central da historia é o amor entre a lebre pequena e a grande, que se representa a través dun xogo no que se demostran o seu amor por medio de distancias. A historia tan lugar en diferentes partes do bosque e as ilustracións son moi detalladas e semellan estar feitas con acuarelas. O texto aparece en letras grosas e minúsculas, acompañando ás ilustración ao longo de toda a historia.


Potencialidades: Adiviña canto te quero serve para que nenos e nenas comprendan as súas emocións e entendan que o amor que sentimos por algunhas persoas é moi difícil de medir, como lle pasa á lebre pequena. En ningún momento do conto se di se as dúas lebres son familiares ou amigas, tampouco se sabe o sexo delas, o que permite maior liberdade de interpretación. É unha excelente lectura para traballar a educación emocional e especialmente a afectividade.


Recursos educativos:

·      Cativadas do Irixo (2020, abril, 3). Adiviña canto te quero. [Archivo de vídeo]. Recuperado de:  https://youtu.be/ZcBINp4AYOI (consultado o 30/04/2020)


domingo, 12 de abril de 2020

Unha familia normal








Kulot, Daniela (2011). Unha familia normal, Pontevedra: Faktoría K de Libros, [ 32pp.]. (ISBN: 978-84-15250-08-1).

Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura de Daniela Kulot. Na cuberta aparece un recadro central coa imaxe dun crocodilo e unha xirafa paseando un carriño de bebés, debaixo o título en letras vermellas e na parte superior o nome da autora, mentres que na marxe da dereita se pode ver o logotipo da editorial a media altura. Na contracuberta inclúese un breve resumo da obra dentro dun recadro central. Nas gardas aparecen, sobre un fondo verde, unhas figuras que semellan rochas, acompañadas das siluetas da xirafa e do crocodilo. Na portada aparece o título do libro e debaixo del, unha cama cunha cunca e un prato tirados no chan preto dela.

As ilustracións ocupan todas as páxinas e van acompañadas de pequenos fragmentos de texto, ao pé de cada unha delas. Os personaxes aparecen na maior parte das escenas mirando cara á dereita, como incitando a que sigas lendo.A temática da obra é a familia, a parella e o amor. Na historia que se relata en terceira persoa ponse de manifesto que, a pesar de ser diferentes, os personaxes son capaces de axudarse, respectarse e quererse por enriba das súas diferenzas. En cada unha das súas páxinas recrea escenas da vida cotiá dunha familia formada por un crocodilo, unha xirafa e os dous fillos: Croquila (que é unha xirafa verde) e Rafaolo (que é un crocodilo marrón con pintas escuras).

Potencialidades: a lectura desta obra permite reflexionar sobre a diversidade de familias que existen e fomentar o respecto cara á diferenza. A normalidade coa que se desenvolve a vida desta familia permite entender que, máis alá das aparencias físicas ou culturais, o que configura unha unidade como familiar é o afecto. O emprego de animais como protagonistas, aproxima esta obra ás fábulas, pero cunha estética e visualismo moi actual e de gran carga emotiva. Outra das temáticas que permite abordar é a da capacidade de adaptación e resolución de problemas, presentados na obra dende unha perspectiva lúdica e moi divertida.

Recursos:
Biblio CPI Mondariz (22/01/2014). Unha familia normal. Obtido do arquivo de vídeo Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=s8y_HkZiVwE

venres, 10 de abril de 2020

¡Porque te quiero tanto!




Van Genechten, Guido (2003), ¡Porque te quiero tanto!, trad. Xosé A. Neira Cruz, Zaragoza: Edelvives, col. La banda del regaliz, (0-5 años), [28 pp.]. (ISBN: 84-263-4970-6).

Descripción del formato: álbum ilustrado de formato rectangular y tamaño 33x24cm, compuesto por 28 páginas y de textura suave. En la cubierta y contracubierta podemos observar al oso realizando varias acciones, todo sobre un fondo blanco, para así seguir la gama cromática de toda la obra. En la guarda delantera podemos observar a una madre osa dándole un beso a su hija en un fondo azul, y lo más destacable es el tema invernal del amor. El título aparece en el centro de la cubierta en letras minúsculas y en color blanco. En cuanto a la guarda trasera, en la parte superior aparece un resumen del contenido de la obra, y un poco más abajo un oso dentro de un círculo blanco dibujando un corazón en un papel.

Descripción del contenido: en esta obra se narra la historia de un oso que sabe muchas cosas, como encontrar y pescar los peces más deliciosos... Pero también hay ciertas cosas que nuestro protagonista no comprende como, por ejemplo, de dónde sale la nieve o como su madre puede quererlo tanto. Pero una cosa sí sabe y entiende a la perfección, y es porqué su madre lo quiere tanto. 
Las ilustraciones son de gran tamaño y predominan los colores claros, sobre todo el blanco y el azul, que nos acaban transmitiendo paz y seguridad. El texto es sencillo y conciso, escrito en color negro y no tiene un orden a la hora de situarse en el libro, apareciendo de forma aleatoria. Lo más sorprendente es que cuando tocamos el oso tiene una textura suave, lo que puede llamar la atención de los más pequeños/as.

Potencialidades educativas: se trata de una obra que nos aborda diferentes temáticas como la diversidad, las inquietudes de los más pequeños y pequeñas que se reproducen a través de diversas preguntas. Gracias a la obra podemos incentivar a los niños/as a hacer preguntas y que puedan disfrutar y ver como algo positivo sus inquietudes para mejorar y avanzar. La importancia de la familia y sobre todo el amor hacia los padres que se ve reflejado en toda la obra. La presencia de textura suaves, que invitan a explorar con las manos, y la gama cromática contribuyen a que los niños/as puedan desenvolver el sentido del tacto, trabajar y hacer diferentes actividades gracias a ello. 

Recursos educativos:
- Vídeos de la narración de la historia en castellano: https://www.youtube.com/watch?v=qVi2Um2FEbU

domingo, 5 de abril de 2020

Yo voy conmigo



Díaz Reguera, Raquel (2015). Yo voy conmigo. Ilust. da autora. Barcelona: Thule, [40pp.]. (ISBN: 978-84-1535-784-1).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado encuadernado en cartoné cunhas dimensións de de 17x24cms.  Na parte superior da cuberta pódese observar o título do libro en maiúsculas e xusto debaixo o nome da autora, no centro hai un debuxo da protagonista con todas aquelas cousas que a caracterizan e fan especial. A imaxe da protagonista que aparece ao longo do álbum é sempre igual á que aparece na cuberta, pero a medida que avanza a historia van desaparecendo atributos que a caracterizan. Ao principio as ilustracións son moi coloristas, con preodminio dos tons cálidos pero a medida que a protagonista comeza a estar algo deprimida os tons cálidos susbtitúense polos grises. As ilustracións amplían a información aportado polo texto, xa que grazas a ela vemos a como evoluciona a protagonista pasando da felicidade á tristeza. 
Dende o punto de vista do contido, no álbum cóntase a historia de Sol, unha nena que está namorada de Martín, pero este nunca a mira nin se fixa nela. Así que os amigos de Sol aconséllanlle que vaia cambiando o seu aspecto para que Martín se fixe nela. Así, Sol quita as coletas, as gafas, perde o sorriso… ata que deixa de ser ela mesma e xa non se recoñece.

Potencialidades educativas: este álbum é un bo recurso para traballar a autoestima e facerlles ver aos nenos/as que non debemos deixarnos influenciar polos demais. Coa súa lectura podemos traballar cos nenos/as a importancia de aprender a quererse e aceptarse tal e como somos,  xa que de nada serve gustarlle aos demais se para iso temos que deixar de ser nós mesmos. Tamén se lles pode ensinar aos nenos/as que o amor (sexa do tipo que sexa) vai máis alá da aparencia física, valorando das persoas os seus valores, condutas, sensibilidade, empatía e forma de ser en xeral.

Recursos de interese: 
Adaptación teatral de nenas e nenos do CEIP San Plácido (2019), en https://www.youtube.com/watch?v=JjPQWkRK85E
Guías Ubuntuland. Nesta guía podemos atopar varias dinámicas e actividades relacionados con esta obra, en https://ubuntuland.com/yo_voy_conmigo/files/assets/common/downloads/publication.pdf

domingo, 30 de abril de 2017

MI ABUELO

ALTÉS, Marta (2012), Mi abuelo, Madrid: Macmillan Iberia, S.A., (+ de 3 anos), [ 26 pp.], (ISBN: 978-84-15-42-697-4).



Breve descrición e contido da obra: álbum ilustrado en formato cadrado de 26.5x26.5 cm. As cubertas son de cartón duro. A cuberta dianteira, cun fondo branco, móstranos unha ilustración de dous osiños da man, un vello e un cativo, avó e neto; na parte superior o título do conto e na parte inferior o nome da autora. Na contracuberta observamos debuxos de paxariños e unha oración extraída do contido interior, ademais dunha pequena biografía da autora. Nas gardas iniciais e finais ilústrase un bosque en cores vermello, marrón e negro sobre fondo branco. Do mesmo xeito, o contido do álbum tamén está ilustrado nestas cores, as que nos fan adentrarnos nunha paisaxe outonal e melancólica. Cada páxina contén un pequeño texto sinxelo e unha imaxe que lle da sentido e trasmite os sentimentos dos protagonistas.

                                       
O conto presenta unha historia da vida cotiá, na que un pequeno oso vaise facendo consciente do paso da vida, e coma o seu avó vai envellecendo. Trasmite unha bonita historia de amor entre os dous personaxes, avó e neto, e coma un nútrese do outro para ser felices.

Potencialidades: marabillosa forma de facer ver aos nenos e nenas o paso do tempo, o ciclo da vida e o amor polos seus seres queridos. A lectura trasmite moita ternura e amor, e pode ser unha boa opción para traballar cos nenos e nenas de educación infantil unha situación da vida cotiá, na que os avós co paso dos anos van perdendo a memoria e como eles poden contribuir a facerlles a situación moito máis doada. Ademais dos valores, podemos traballar as emocións.



Mamá

Mariana Ruíz Johnson(2012),Mamá,ilust.Mariana Ruíz Jonhnson,Sevilla: Kalandraka, col.Libros para soñar(+3anos)[32pp](IBS:978-84-8464-828-4)


Breve descrición do formato e contido da obra:Libro ilustrado,de forma rectangular(18'5x25´5cm),de pouco volume .Consta dunha cuberta e contracuberta, ámbalas dúas de tapa grosa. Na cuberta aparece unha imaxe dun cativo coa súa nai o pé dunha árbore e detrás un pequeno regato.
O título da obra amósasenos no centro do libro , en maiúsculas  ,mentrés que o nome da autora aparece debaixo .Na contracuberta ,o nome da editorial,Kalandraka. No seu interior están unhas páxinas grosas de textura suave onde atopamos imaxes sixelas,con cores vivas enriba delas un pequeno texto que nos relata a historia.Consta dunhas gardas  con moitos debuxos de plantas  sobre un fondo amarelo ,postumamente unha portada co título do libro e debaixo os protagonistas da historia que nos poden adiantar o argumento do libro,unha nai suxeitando ó seu fillo.Se seguimos pasando as follas xa nos metemos de cheo na historia onde o neno é o narrador, polo que nos vai relatando que a súa  nai é moitas cousas,casa redonda moi cómoda é grande, o trofelís segura e radiante,trouxoo a este mundo pequeno e desnudo,alimentao sempre no seu peito seguro,os paxáros cantan cando está contenta,cando se cabrea mamá é tormenta ,tece contos,castelos de area ,estrelas e soles e a lúa chea. Como protagonistas secundarios aparecen diferentes tipos de animais coma mamá osa e o seu fillo no ventre,as vacas e as súas crias ,os paxaros, e as súas crias,o leopardo,o cocodrilo,o elefante.
Potencialidades: é un libro didáctico onde o amor materno xoga unha gran función,podendo ensinarlle os nenos a traves dos elementos naturais as diferentes actitudes que mostra unha nai ante o seu fillo/a.É dicir o agarimo ,o amor incondicional,os diferentes estados de ánimo que ten a súa nai cando o seu fillo realiza algúntipo de acción tanto boa coma mala.
O libro en si non é estatico ,xa que se nos presentan diferentes ambiento onde se situan os dous protagonistas mentres que o argumento da obra xira arredor do mesmo que é a nai e o seu fillo .Vainos falando dende que a nai se queda embarazada,cando da a luz,cando é neno,adolescente é cando é adulto .Que accións soe realizar unha nai dende que o neno nace ata a súa madurez.




sábado, 29 de abril de 2017

El tunel

Browne, Anthony (2011), El túnel. México: Fondo de Cultura Económica, 1994., (+5 anos). [26 pp.] (ISBN: 978-96-8163-971-6).
Breve descrición do formato e contido da obra:As gardas deste álbum ilustrado anticípannos dous mundos antagónicos: nunha paxina mostra como un empapelado cheo de flores, deixando entrever un espazo interior no que se observa un libro nun extremo, na páxina seguinte, a ilustración móstranos un mundo exterior, unha parede de ladrillos. A pesar das diferenzas ambas ilustración aparecen en tons ocres, propiciando a calidez como elemento en común.
Dous irmáns son completamente diferentes e non se levan ben entre eles. Un día súa nai mandaos ao parque a xogar para que resolvan as súas diferenzas e deixen de lado as discusións. A nena era introvertida , calada, miedosa e gustaballe moito ler, polo contrario, seu irmán era extrovertido, deportivo e sempre berraba. No parque, explorando o terrreo, atopou o irmán un túnel  no que decidiu entrar.
A irmá quedara fora esperando. Cando se decatou de que tardaba moito decidiu ir a buscalo deixando os seus medos atras. Estaba desesperada buscandoo por todo aquel bosque encantado, cando o atopa convetido en pedra. Ela comeza a darlle amor e abrazalo ata que volve a normalidade.
Potencialidades:


Grazas as ilustración podemos comprender con máis claridade o texto e dunha maneira máis divertida. Tratase dun libro intrigante que nos propicia a inquedanza do que poida pasar e potencia o querer saber como remata a historia.
Pódemos ver como se manifesta o amor que hai entre os dous irmáns e que entre eles hai sentimentos a pesar de que  non os demostren a miúdo. As diferenzas entre os dous personaxes non foron un obstáculo para que a confianza e a seguridade interior que o neno tiña, afirmara a crenza de que súa irmá o iría a buscar. Outro tema importante que trata é o de vencer os nosos propios medos tal e como o fixo a nena por recuperar a seu irmán, e como o ben sempre acaba triunfando sobre o mal.

venres, 28 de abril de 2017

OSITO Y SU ABUELO

Gray, Nigel (1999), Osito y su abuelo, ilust. Vanessa Cabban, trad. Carlota Rubies, Barcelona: Timun Mas, (a partir de 3 anos), [32 pp.] (ISBN: 84-480-1630-0).


Breve descrición do formato e contido da obra: Trátase dun álbum ilustrado, encadernado con tapa dura, cun formato rectangular, con láminas non moi finas e de pouco volume. 

Na cuberta, na parte superior cara a dereita, aparece o título do conto. Debaixo deste, o nome do autor e da ilustradora. Podemos ver unha imaxe característica da obra na que saen os dous protagonistas. Na parte inferior aparece a editorial. Na contracuberta, na parte superior aparece unha sinopse da obra. Podemos apreciar que a cuberta e contracuberta compleméntanse dando lugar a unha única imaxe.


O conto ten 32 páxinas nas que o texto é sinxelo e non é abundante. O estilo das ilustracións son imaxes con cores cálidas que fan que nos sintamos inmersos na obra. A súa vez, transmítennos tenrura e fan que non se perda o fío da historia. 




O libro narra a historia de "Osito" e o seu avó, con quen pasaba todas as tardes dos venres. Os dous merendaban xuntos e ao rematar achegábanse á casa da árbore dende onde contemplaban a paisaxe e onde o avó lle contaba historias ao pequeno oso. Un día inesperado, o avó atopouse moi débil e díxolle que non podían saír da casa. Días despois disto, "Osito" tivo que ir a visitalo ao hospital. Pediulle que lle contara algunha historia pero o seu avó díxolle que esta vez lle tocaba a el xa que non se atopaba en condicións de facelo. Unha vez que rematou, "Osito" chamouno pero este non contestou. A súa nai explicoulle que quedara durmido e que non ía volver espertar.

Potencialidades: Neste conto trátanse temas tales como o amor e a morte. Grazas a el podemos explicarlle aos máis cativos a perda dalgún familiar ou coñecido xa que é un tema que hai que tratar con delicadeza pero a súa vez con total naturalidade. Ademais, fala da relación que hai entre os avós e os nenos/as, do importante que é pasar tempo con eles. 

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

O SOLDADIÑO DE CHUMBO
GRUPO EDITORIAL GARCÍA S.A. de C.V MÉXICO (1999). El soldadito de plomo. Colección Tesoro Infantil. San Sebastián, España: Ediciones Saldaña S.A. [22 p.] (I.S.B.N. 84-7297-140-6). 

Breve descrición do formato e contido  da obra: Atopámonos ante un libro de tapa dura, de cor azul e tamaño máis ben pequeno. Tal e como se ve na primeira imaxe, a cuberta está formada polos títulos dos contos que hai no seu interior, e un debuxo, ovalado e con decoración de flores arredor, das personaxes que nos imos encontrar en cada historia: os tres porquiños, a casiña de chocolate, a carapuchiña vermella e o soldadiño de chumbo. Ao abrir a dura cuberta, atopámonos cas gardas, que son de cor azul e teñen debuxadas as siluetas das personaxes de cor branca, pero estas forman parte de outro libro da colección tesouro infantil, xa que algúns dos que hai non son as personaxes das historias que este libro trae. Na primeira páxina comeza a primeira historia do libro, a carapuchiña vermella. Vamos pasando historias ata que chegamos ao soldadiño de chumbo, que é a segunda obra que segue á carapuchiña. A historia combina imaxes e texto en cada páxina, de maneira que o texto unhas veces atópase enriba da imaxe e outras debaixo. Ao final de cada conto deste libro, sempre aparecen os protagonistas nunha escena na que se resolveu a situación problema, rodeada de flores en círculo. O conto clásico narra a historia dun neno que, no seu aniversario, recibe unha caixa con vinte e cinco soldadiños de chumbo. Un deles ten só unha perna. Cerca do soldadiño hai unha fermosa bailarina de papel. Ela, coma el, tense soamente sobre unha soa perna, e o soldadiño namórase dela. Pero á media noite outro xoguete, un trasno nunha caixa sorpresa, prohíbelle ao soldadiño que mire á bailarina. O soldadiño non fai caso, pero ao día seguinte, por causa do trasno, cae pola fiestra e vai parar á rúa. Alí, tras chover un anaco, dous nenos o atopan e o fan navegar nun barquiño de papel, enviándoo rúa abaixo ata ser arrastrado a un sumidoiro escuro. O soldadiño naufraga ata o mar, e un peixe de gran tamaño engóleo. O peixe é capturado pola familia do mesmo neno rico dono do soldadiño, e este vese de novo xunto á bailarina. Os dous se observan sen falar, ata que o trasno volta a saltar sobre o soldadiño e o tira á cheminea. Ao seu carón, cae suavemente a bailarina. Os dous, namorados, consómense no lume. Ao día seguinte, a serventa atopa un anaco de chumbo nas cinsas. 


Potencialidades: O soldadiño de chumbo ten algo que o fai especial e diferente ao resto dos soldadiños: fáltalle unha perna. Este defecto físico non lle impide namorarse da bailarina pero, á vez, este mesmo defecto faille ser rexeitado e tirado. Neste feito, vexo unha crítica ao rexeitamento que sofren aqueles individuos que son distintos por algún defecto ou característica física; este libro podería ensinar aos máis cativos a importancia da superación das adversidades, que sempre podes avanzar na vida (como namorarse e ser correspondido) a pesar dos contratempos que te poidas atopar. Este conto ten un final tráxico, pero tamén feliz porque os namorados volven a encontrarse a pesar de caer no fogo finalmente. Ademais, a animación do xoguete fai que os lectores se identifiquen con el e rexeiten calquera comportamento que lle provoque tristeza, como a maldade do trasno da caixa de sorpresas, que non quere que o soldadiño sexa feliz coa súa bailarina. 


xoves, 27 de abril de 2017

Adivina cuanto te quiero

Sam McBratney(2014).Adivina cuánto te quiero,ilustr.Anita Jeram,Madrid:Kókinos,(3+), [16pp], (ISBN:978-84-92-7504-43).

   
Breve descrición do formato e do contido da obra:
Trátase dun libro pop-up, ten un formato cadrado de tamaño mediano, puntas ovaladas e tapas duras feitas de cartón. 
Na cuberta, podemos observar o título do libro "Adivina cuanto te quiero", o nome da autora e ilustradora e a imaxe de dúas lebres de cor avelá no medio dun bosque onde a pequena lebre ten os brazos abertos mirando á lebre maior coma se quixéselle dar un abrazo, polo que podemos imaxinar que se trata dun pai ou nai e o seu fillo/a. 
Doutra banda, na contracuberta dános outra pista sobre o libro xa que aparece unha frase que pon: "As veces cando queres moito a alguén intentas describir o tamaño dos teus sentimentos" polo que nos dá a entender que trata sobre o amor que se ten cara a unha persoa moi importante na vida. 
A historia trata sobre una lebre pequena que antes de durmir compite coa lebre grande por demostrar o moito que se queren. A lebre pequena estende os brazos todo o que lle dan de si, álzase no bico dos pés todo o que é capaz, dá saltos tan altos como as súas patas traseiras permítenlle, pero ao final, os brazos, a altura e os saltos da lebre son máis longos e máis altos que os da lebre pequena, e esta sempre chega á mesma conclusión, diciendo "ummm, canto", entón para finalizar dille que a quere ata a lúa xa que lle parece unha medida insuperable de alcanzar e quédase durmida mentres a súa nai rumoréalle ao oído: pois eu quéroche ata a lúa, ida e volta. 





As ilustracións presentan cores claras
e son despegables nas cales os lectores poden observar os movementos de cada acción que realizan os personaxes polo que lles será máis fácil entender a historia.





Potencialidades: 
Adivina cuanto te quiero, é unha invitación para que os nenos/as expresen as súas emocións, compartan os seus sentimentos cos demais e entendan que ás veces o amor que sentimos por outras persoas é dificil de medir como lle pasou á lebre na historia.
Doutra banda, no trascurso do relato aparecen adiviñas, comparacións e acumulación polo que podemos realizar xogos de palabras cos cativos, os cales coñeceran e utilizarán diferentes recursos lingüísticos e literarios.
Cabe destacar, que pareceme un conto axeitado pra hora de durmir, onde as familias poden aproveitar para contarllo antes de que o pequeno se vaia pra cama vivindo un momento íntimo no cal poderán dicirse ambos o moito que se queren como fan os protagonistas da historia.
É importante concienciarnos da importancia que ten que lle leamos contos aos pequenos desde idades temperás á hora de durmir xa que isto aporta grandes beneficios no seu desenvolvemento como por exemplo: potenciar a imaxinación, trasmisión de valores positivos, aprender a escoitar, fomentar a lectura, expresar emocións, aumentar a autoestima, favorecer o vínculo afectivo e comunicativo entre adulto-neno entre outros.
Non nos debémos esquecer que este libro ten imaxes despeglables polo que os nenos/as poden interactuar con él de forma autónoma xa que conta con solapas onde se pode percibir os movemento das accións que van viviendo os personaxes polo que captarán a sua atención e poderán seguir o relato dunha maneira doada e eficaz.

luns, 17 de abril de 2017

La ovejita que vino a cenar

·   
 Steve Smallman (2012) La ovejita que vino a cenar,  Editorial BEASCOA ( A partir de 2-3 años ), [32 pp.],  ISBN:  9788448824549

Breve descrición do formato e contido da obra: O conto infantil “La ovejita que vino a cenar” é un álbum ilustrado onde conta a historia dun lobo esfameado que sempre ceaba sopa de verduras, ata que un día coñeceu  a unha ovelliña e invitouna a cear ca idea de comela. Pero a ovelliña non tiña intención de ser a súa cea, porque o que quería ela era ser a súa amiga e ó final, como non podía ser de outra maneria, os dous animais fanse grandes amigos.
O tamaño é mediano, as tapas son duras e os cantos son en punta, ademáis de que non ten moito volume. Na cuberta do conto observamos o título do libro  la ovejita que vino a cenar e ao lobo mirando a ovelliña na mesa da cociña con ganas de comela e  ela observándoo con cara de medo. As ilustracións son dun tamaño mediano, tirando a grandes, onde se mostra por completo todo o que vai pasando entre eles.



Potencialidades:  É un conto que nos vai servir para traballar co noso alumnado os valores da amizade, axudar o mais débil e a solidariedade. Sentirse querido e ter xestos afectivos cos demais que aprendan a axudar, compartir e coidar ao outro, valorizando actitudes de solidariedade. Que revaloricen o valor  da amizade, intentando transmitir a importancia de ter amigos e que continúen establecendo e fortalecendo vínculos afectivos entre pares.