domingo, 30 de abril de 2017

Mamá

Mariana Ruíz Johnson(2012),Mamá,ilust.Mariana Ruíz Jonhnson,Sevilla: Kalandraka, col.Libros para soñar(+3anos)[32pp](IBS:978-84-8464-828-4)


Breve descrición do formato e contido da obra:Libro ilustrado,de forma rectangular(18'5x25´5cm),de pouco volume .Consta dunha cuberta e contracuberta, ámbalas dúas de tapa grosa. Na cuberta aparece unha imaxe dun cativo coa súa nai o pé dunha árbore e detrás un pequeno regato.
O título da obra amósasenos no centro do libro , en maiúsculas  ,mentrés que o nome da autora aparece debaixo .Na contracuberta ,o nome da editorial,Kalandraka. No seu interior están unhas páxinas grosas de textura suave onde atopamos imaxes sixelas,con cores vivas enriba delas un pequeno texto que nos relata a historia.Consta dunhas gardas  con moitos debuxos de plantas  sobre un fondo amarelo ,postumamente unha portada co título do libro e debaixo os protagonistas da historia que nos poden adiantar o argumento do libro,unha nai suxeitando ó seu fillo.Se seguimos pasando as follas xa nos metemos de cheo na historia onde o neno é o narrador, polo que nos vai relatando que a súa  nai é moitas cousas,casa redonda moi cómoda é grande, o trofelís segura e radiante,trouxoo a este mundo pequeno e desnudo,alimentao sempre no seu peito seguro,os paxáros cantan cando está contenta,cando se cabrea mamá é tormenta ,tece contos,castelos de area ,estrelas e soles e a lúa chea. Como protagonistas secundarios aparecen diferentes tipos de animais coma mamá osa e o seu fillo no ventre,as vacas e as súas crias ,os paxaros, e as súas crias,o leopardo,o cocodrilo,o elefante.
Potencialidades: é un libro didáctico onde o amor materno xoga unha gran función,podendo ensinarlle os nenos a traves dos elementos naturais as diferentes actitudes que mostra unha nai ante o seu fillo/a.É dicir o agarimo ,o amor incondicional,os diferentes estados de ánimo que ten a súa nai cando o seu fillo realiza algúntipo de acción tanto boa coma mala.
O libro en si non é estatico ,xa que se nos presentan diferentes ambiento onde se situan os dous protagonistas mentres que o argumento da obra xira arredor do mesmo que é a nai e o seu fillo .Vainos falando dende que a nai se queda embarazada,cando da a luz,cando é neno,adolescente é cando é adulto .Que accións soe realizar unha nai dende que o neno nace ata a súa madurez.




Ningún comentario:

Publicar un comentario