venres, 28 de abril de 2017

Te quiero (casi siempre)



Llanes, Anna (2015), Te quiero (casi siempre), Ilust. Anna Llenas, Barcelona: Espasa Libros, S.L. [52 pp.] (ISBM: 978-84-670-4370-9).

Breve descrición do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de formato cadrado que mide 27cm x 27cm. Está encadernado en cartón duro cunha capa de pintura vernizada polas dúas caras.

Na cuberta, atópase unha ilustración dos protagonistas, Lolo e Rita. Xusto debaixo do ilustración, atópase o título do conto e o nome da escritora. Mentres que na contracuberta, situado na parte central atópase unhas pequenas frases que nos fan reflexionar xunto cunha ilustración dos protagonistas. A editorial e o ISBM atópanse na parte inferior. Tanto a cuberta e a contracuberta son de cor azul.

Anna Llenas é unha escritora, ilustradora e diseñadora gráfica. Escribiu outros álbums ilustrados, como por exemplo: “El monstruo de colores”,“ Si yo fuera un gato”,“Diario de las emociones”,“Vacío”, entre outros tantos.
O estilo das ilustracións son imaxes con abundantes detalles e fabulosas: coloridas, tenras, e cunha sensación de releve, onde da a sensación que Lolo e Rita van saír do conto. Os personaxes do conto toman releve, en formato pop-up nunha das historias máis entrañables. 

O texto da narración atópase tanto na parte superior como inferior e a súa vez está mesturado coas ilustracións. Estas xogan un papel fundamental o longo da narración. A nivel lingüístico utilizase unha linguaxe cotiá e abundan as metáforas, aínda que pode ser narrado por nenos e nenas, quizás simplificando a historia.

A sinopses da obra narra a historia de amor de Lolo e Rita, dous personaxes que se respectan as súas diferenzas e adáptanse para convivir en harmonía. Ata que de pronto, un día empezan a chocar polas súas diferenzas e terminan por sentir que as súas diferenzas os molestan, acaban separados. Pero, dende o amor que senten, aprenderán a respectar as características do seu compañeiro/a e farán o posible por adaptarse. 

Son dous animais moi diferentes: Lolo é un bicho bola e Rita é unha vagalume. Lolo é forte e resistente, experto no camuflaxe, práctico e organizado. En cambio, Rita, é lixeira e delicada, brillante, imaxinativa, rápida e con capacidade para improvisar. 

Potencialidades: É un álbum infantil acertado para as nenas e nenos onde se pode traballar a intelixencia emocional, xa que ademais de trata un tema profundo, dunha forma moi tenra. 

Podemos tratar cos nenos e nenas o respecto a diversidade, empezar cos sentimentos das demais persoas, aínda que sexan distintos aos noso e a necesidade de que unha convivencia onde todos cedamos. A súa vez falar cos nenos e nenas sobre cómo somos cada un e que cousas nos molestan das outras persoas, así como o que facemos para non chocar nas nosas diferenzas.

Outra das potencialidades a destacar é que o texto está cheo de adxectivos que axudaran aos nenos e nenas a definir as distintas personalidades e serven para que eles e elas amplíen o vocabulario, o que lle axudará a expresar mellor os seus sentimentos.
Así pois, un exemplo de como as relacións de amor téñense que construír dende o respecto e a aceptación das distintas personalidades dos que as formas, ata entender que son precisamente estas diferenzas as que nos fan querer tanto a outras persoas.

A finalidade é ensinarlle a importancia de respectar as peculiaridades das persoas e querelas no seu conxunto, adaptándose naquelo que chocamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario