Breve descrición do formato e
contido da obra : álbum ilustrado poético que engloba o folclore popular. Recolle un amplo repertorio de ditos, xogos populares,
refráns, cancións para
xogar a corda ou pita cega, de botar sortes ou pandas, o conto de San
Perillán. Os
textos son breves, rimados e con ritmo para poder ser cantados, neles utilízanse recursos que facilitan a memorización para así ser recordados con
facilidade, como o son a repetición, enumeración
e a acumulación de elementos.
Permite
aos máis cativos gozar dunha escoita ou lectura entretida, ademais de ofrecerlle
diferentes opcións para xogar, pasar o seu tempo de lecer o na escola,
revivindo desta maneira a literatura tradicional.
As ilustracións xogan un papel importante na
obra para o recoñecemento do xogo, a dobre páxina expresan e representan o
texto. É dicir, dan diversos datos da dinámica do xogo e invitan ao lector ou lectora a
imitación. O recurso técnico que se utiliza nelas de esaxerar as expresións faciais fainas máis
divertidas, dándolle ao libro bo humor e retranca, algo tan propio da tradición
oral, sobre todo galega.
Potencialidades: “xogos infantís” sáese do libro clásico para
a infancia e paréceme innovador. Pese a ser un libro para nenos de mais de sete
anos considero que en educación infantil tamén se podería traballar con el, xa que supón
un contacto inicial da infancia coa poesía lírica, ao mesmo tempo que contribúe a
súa socialización e ao seu proceso de crecemento e aprendizaxe.
A tradición oral
, algo tan propio de Galicia, un legado que vai de xeración en xeración e que
ensinou a tantas persoas, riqueza cultural e educativa que debe seguir
presente nas aulas. Para os máis pequenos resulta divertido e estimulante que un
conto sirva para cantar e xogar. Podería ser un recurso utilizado para
actividades de desenvolvemento motor, porque neles está presente a expresión
corporal e o ritmo. Ademais do coñecemento e a conciencia do corpo,
foméntanse as relacións persoais entre iguais o que propicia un bo clima de
aula e que o alumnado este a gusto e motivado
para aprender. Outro
aspecto salientable das cancións populares ou xogos acompañados por cancións é a utilización dos recursos expresivos de enumeración, acumulación de elementos, rima, repetición e recursos poéticos cos que se describe, isto mellora a adquisición de moitos
conceptos de vocabulario e facilita o aprendizaxe dos números, estimulándose así a memoria e a linguaxe.
Tendo en conta que nesta etapa linguaxe e xogo
están relacionados, visualizar e descubrir diferentes maneiras
de xogar fai que o alumnado sexa partícipe do seu aprendizaxe é por
tanto, máis activo .
Ningún comentario:
Publicar un comentario