domingo, 30 de abril de 2017

¡Al galope! Una aventura en movimiento



Butler Seder, Rufus (2008), ¡Al galope!: Una aventura en movimiento, ilust. Rufus Butler Seder, trad. Equipo Editorial de Ediciones B, Barcelona: Ediciones B, [22 pp.] (ISBN: 978-84-666-3859-3).




















Breve descrición do formato e contido: O presente libro é un álbum ilustrado interactivo. É un libro de tamaño pequeno e rectangular (18,5 x 13,5) pero a vez ancho; cunha encadernación de tapa dura sen esquinas redondeadas. A cuberta é branca e nela destaca o título en letras de cores e moi grandes, acompañado da imaxe dun cabalo que o mover a cuberta entra en movemento; na contracuberta con fondo branco tamén aparece un texto que nos anima a xirar as páxinas do libro e ver como cobran movementos os animais de cada páxina.
O libro plantexa adiviñas e acertixos sobre animais mediante divertidas rimas que non teñen que ser só para nenos. Sen dúbida o atractivo deste libro e o movemento que cobran os animais ó mover as páxinas do mesmo.

Potencialidades.  Xa na contracuberta temos unha frase que nos anima a xirar as páxinas do libro
"Pero ¿qué ven mis ojos? ¿Cómo es posible? El caballo galopando, el mono saltando, la tortuga nadando… ¿realidad o ilusión? Cada página es más, más y más sorprendente. ¡Gira, gira y gira y no dejes de alucinar!".
É un libro que pode ben ser contado ou lido polo neno, ou que simplemente sexa un entretemento polas súas imaxes cobrando vida.
Con este libro faremos pensar ós nenos na solución a un problema (adiviña), á vez que podemos traballar co mundo dos animais e os sons que estes emiten, xa que ademáis da adiviña, debaixo da imaxe en movemento podemos atopar unha onomatopeia co son do animal ou un son que este produce. Tamén se poden traballar as cores xa que cada adiviña ten o texto nunha cor distinta.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario