mércores, 26 de abril de 2017


EL DINOSAURIO BURLÓN
          
  •   Tickle,  Jack (2005), The very dizzy dinosaur,  ilust, Tickle, adap Carmen Gil, EDITORIAL: Combel (0-4 anos), [14 pp.], (ISBN: 9788498255508).

  •   Breve descripción do formato e contido da obra 

Resultado de imagen de el dinosaurio burlonO álbum ilustrado trátase dun conto interactivo coas cubertas duras e coas ilustración en formato pop-up con moita cor. Os protagonistas do conto, sobresaen chamando moito a atención. Son debuxos grandes e cada páxina ten texto rimado o que lle da un ritmo rápido e dinámico ao conto.

  •   Potencialidades:
Caracterízase por describir aos diferentes dinosaurios o que nos leva a ter máis información sobre eles. É un conto co que se pode traballar a psicomotricidade cos nenos; tamén pareceume moi interesante o aspecto da rima, para o desenvolvemento da lecto-escritura, mellorar os ritmos ou favorecer a memoria dos máis pequenos.
É un conto que chama a súa atención, xa que as imaxes en pop-up son moi realistas e espertan a súa creatividade e imaxinación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario