MIS PUZZLES PARA SUMAR
Editorial: Servilibro
(ISBN: 978-84-7971-616-5)
Breve
descrición do formato e contido da obra: Este libro presenta dúas
cubertas, unha por atrás e outra por adiante, as cales son de cartón duro,
cunha capa de plástico acolchado. Esta característica soamente a teñen as
cubertas do conto, xa que o interior deste está formado por páxinas de cartón
duras.
Na cuberta principal, aparece unha imaxe que ao mesmo
tempo é un puzzle dun dos animais que aparecen no conto. Por riba desta imaxe,
aparece o titulo do libro, destacando a palabra clave, e o obxectivo que se
pretende conseguir, en maiúsculas.
Na parte inferior desta cuberta, aparece a editorial do
libro, o cal está un pouco por encima da imaxe que ocupa case a totalidade da
folla.
En canto as páxinas do libro, todas conteñen imaxes con
un certo numero de animais. Nas páxinas situadas á esquerda, sempre aparecen
preguntas, ao lado duns debuxos que lles axudan aos máis pequenos a
respondelas, ou debuxos dun certo numero de cousas ou persoas para que eles
conten cantas hai. O texto e bastante breve, nas páxinas que aparecen as
preguntas, atopase ao lado dereito da páxina, mentres que nas follas nas cales
lles tocan ao nenos contar cantos animais ou paiasos hai, o texto atopase no
centro da páxina.
Cando facemos referencia as páxinas dereitas que forman o
libro, podemos ver que están composta por unha imaxe, que a mesma vez é un
puzzle que os nenos e nenas poden facer e desfacer cantas veces queiran. Isto
axúdalle a que o traballo sexa máis dinámico e entretido.
Este puzzle está formado por 6 pezas, para que os nenos
non se aburran de colocalas e póidano facer de unha maneira sinxela e
divertida.
Podemos facer fincapé nas cores do fondo das
páxinas, todos son de unha cor diferente á imaxe que está representada. Cada
páxina ten unha cor diferente.
Potencialidades:
Con
este libro, os nenos e nenas poderán aprender a sumar e a contar cantos animais
están representados en cada unha das páxinas.
Ademais que para que esta actividade lles resulte máis
dinámica e entretida, nunha de cada dobre
páxina que ten o libro aparece unha imaxe, a cal é un puzzle que os máis
pequenos poden facer e desfacer cantas veces queiran.
Aparte de aprender novos coñecementos e contidos, os
nenos e nenas tamén poderán desarrollar máis a súa axilidade mental, xa que
poderán contar cantos animais hai no menor tempo posible que den.
Paréceme que é un libro bastante interesante para
traballar con eles, xa que ao ter xogos, como son os puzzles, os nenos non
perderán tanto a atención coma se fose unha clase teórica facendo sumas no
propio encerado da clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario