sábado, 29 de abril de 2017

De verdad que no podía

Keselman, Grabriela (2001), De verdad que no podía, ilust. Noemí Villamuza, España: Kónikos, (a partir de 2 anos), [24pp.] (ISBN: 978-84-88342-31-7).

Breve descrición do formato e contido da obra: en canto ó conto, encontrámonos ante un álbum ilustrado, é rectangular e de tamaño grande, coas tapas duras e as esquinas redondeadas. En canto ás imaxes son moi sinxelas e realistas, están colocadas ó lado do texto polo que o complementando e en moitos casos dan máis información do conto ao receptor; polo tanto, pola vía visual perciben as características dos obxectos que se citan de maneira oral. Utilizan cores que chaman a atención con bordes negros difuminados que dan a sensación de debuxos en 3D. En canto ó texto, utilízanse frases curtas e sinxelas. Predomina o diálogo que segue sempre a mesma estrutura onde o protagonista expón un problema e a nai do protagonista resolve dito problema. O conto transcorre nun lugar e un espazo determinado, no cuarto do protagonista a hora de durmir.
Resultado de imagen de de verdad que no podíaO conto comeza e remata cuns versos rimados moi similares polo tanto estamos ante un conto con estrutura circular, comeza e remata case do mesmo xeito, onde o comezo fai referencia ó problema co que se vai a encontrar Marc ( o protagonista) e ó final fálase da solución do problema. O comezo di: “Marc quería dormir. De verdad que quería. Pero no podía dormir. De verdad que no podía” e remada dicindo: “ Él quería quedarse despierto. De verdad que quería. Pero no podía quedarse despierto. De verdad que no podía”
En canto ó contido fala da historia dun neno que ten medo a durmir só. Ó longo da noite vai chamando a nai e dicíndolle cousas ás que lle ten medo e a nai sempre lle intenta dar unha solución a dito medo, pero Marc, sempre ten algún medo máis. Como solución final, a nai sentase na cama de Marc e quedase ó seu carón polo que Marc deixa de ter medos e quédase á durmir.

Potencialidades: é un conto que te leva a poder traballar con nenos/as o afecto, o cariño e o apego coas nais ou pais. Ademais tamén se poden traballar os medos máis comúns que teñen os nenos á hora de durmir solos no cuarto e a importancia da figura familiar para evitar ditos medos. Ligado a isto pódense traballar as rutinas que teñen os nenos/as antes de ir a durmir e as solución posibles que se lle ocorre para evitar ditos medos e durmir sos. Por outra banda, tamén é importante destacar a picardía e inocencia do protagonista o cal se pode traballar con nenos/as.

Ningún comentario:

Publicar un comentario