venres, 28 de abril de 2017

El globo amarillo.

·      
Charlotte Dematons (2015) El globo amarillo Ilust: Charlotte Dematons. Editorial: Juventud Editorial. ( A partir de 3 años) ISBN: 978-84-261-3846-0 [32 pp.]

Breve descrición do formato e contido da obra: O conto infantil El globo amarillo  é un álbum ilustrado pola editorial Juventud editorial. Conta que un globo amarelo escápase e emprende unha viaxe a través do mundo.
En cada escena a dobre páxina descubrimos innumerables detalles, centos de historias cheas de acción nun mundo onde se mesturan o contemporáneo e o histórico, a realidade e a ficción.
Un libro de imaxes que nos mostra unha nova visión do mundo.
Por outra banda na cuberta amósase unha esféra do mundo con diferentes escenas na parte superior atópase o nome do autor e a continuación o título do libro en grande, na parte inferior nun lado e en pequeño está o nome da editorial.
formato formato: 25 x 33 cm.
Gañador do prestixioso Premio do Xurado Infantil de Ilustradores Bienal de Bratislava (BIB).




Potencialidades: É Un libro ideal para unha lectura interactiva. Charlotte Dematons lévanos nunha viaxe fascinante e colorido a través do mundo, seguindo aos catro personaxes principais do libro: un faquir, un ladrón, un coche azul e un globo amarelo. O seu exquisito sentido polo detalle e as súas artísticas paisaxes farannos pasar horas de entretemento. Con este libro podemos traballar as cores cos nenos e nenas, é facer actividades relacionadas con estas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario